Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

PONTE NAS ONDAS

Radio Gif

Hoxe, 13 de febreiro, queremos celebrar convosco o Día mundial da Radio, que a UNESCO dedica á temática da RADIO e a PAZ. 

 
Toda a programación vai ser emitida desde o portal web ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com). 
 
Mirade esta composición realizada para Ponte...nas ondas! por artistas da lusofonía: https://youtu.be/aM7udB8aYI8 

VÍDEO DE ROSALÍA NA PRAZA DO CONCELLO

Jacqui Reimóndez enseñando la coreografía al alumnado de primaria de los centros estradenses.   | // BERNABÉ/ BÁRBARA CUIÑA
 
Este venres, 10 de febreiro, todo o alumnado de primaria viaxou á Estrada para participar na gravación dun vídeo do Día de Rosalía organizado polo Departamento de Cultura do Concello da Estrada.

Por se alguén non coñece os vídeos que desde o concello levan facendo desde o 2016 para festexar o Día de Rosalía, deixámosvos un enlace onde poderedes velos todos:
Día de Rosalía ->  https://youtube.com/playlist?list=PL09qJadSQ9_cGbbth_BrPpEQAdcTsMe76
 
Grazas a todas e todos pola vosa colaboración.

LECTURAS DE NADAL

Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para que todo o alumnado, desde infantil ata primaria, poida divertirse e continuar aprendendo neste Nadal.

Se premedes na imaxe, poderedes vela moito mellor e incluso descargala para tela sempre á man.

VÍDEO 25n

Aquí vos vai o vídeo do 25N.

Que non só se celebre este día!

Por 365 días sen violencia!!

 

FESTA DA POESÍA

xoves 1 de decembro, celebrouse no Teatro Principal da Estrada a Festa da poesía e a entrega do Premio Avelina Valladares. Este ano recaeu para Manuel López por segundo ano consecutivo. Catro rapaces foron representar ao cole, recitando dúas poesías, unha de Manuel María e otra de Marga Tojo. Fixérono xenial!

 

 

 

 

25N

 

O pasado 25 de novembro celebramos no colexio DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

Fusionamos dúas perspectivas, por unha banda as Tanxugueiras e por outra, a María Balteira. Así a tradición, o medieval e o moderno mestúranse, sempre tendo en conta o empoderamento destas mulleres de "armas tomar" e as súas circunstancias históricas.

 

Durante a semana estivemos traballando as letras das cancións das Tanxugueiras, e analizando a situación da muller e a violencia machista. Creamos uns cartaces con forma de pandeireta negra e plasmamos nelas uns versos das distintas cancións.

Demos visivilidades ao 25N e colocamos na fachada o lema Somos fortes, tamén penduramos as pandeireiretas cos versos da reixa de fóra.

O propio 25 vestímonos tod@s de negro e pintamos a cara, ademais tivemos un acto, onde nos manifestamos en contra da violencia, facendo fincapé nas víctimas do ano e na letra machista de determinadas cancións. 

Fixemos un baile coa canción das Tanxugueiras Figa, rematamos o baile cos puños altos en forma de figa e con "confeti" lila.

V MOSTRA DE TEATRO OLIMPIO ARCA

 

Este martes celebrouse no teatro principal da Estrada a V Mostra de teatro Olimpio Arca. O noso colexio participou na mostra coa obra "O achado do castelo Medieval", a pesar dos contratempos, os alumn@s de 5º esforzáronse ao máximo por estar aí.

UN TRABALLO MAGNÍFICO RAPAC@S!!Guay

25 N

FESTA DA POESÍA

EL ARTE DE LA DECLAMACIÓN

Coma todos os anos, este vindeiro xoves 1 de decembro ás 20.00 h, no Teatro Principal, terá lugar a entrega do Premio Avelina Valladares de Poesía e, a continuación, a Festa da Poesía coas recitacións de poemas polos escolares estradenses.

MOSTRA DE TEATRO

A Asociación Cultural Vagalumes, con motivo da conmemoración do aniversario de Olimpio Arca, informa do regreso dunha actividade moi agardada no mundo do ensino e do teatro do noso concello.

Logo da paréntese da pandemia, que impedíu gozar desta arte tan expresiva e liberadora en toda a súa dimensión, volve a Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas, que cumpre xa a súa quinta edición, e que facilita ao público en xeral o acceso a obras de calidade, ao mesmo tempo que pon en valor o traballo que se está a facer nos diferentes centros neste eido tan relevante da formación do alumnado.

As representacións realizaranse no Teatro Principal os días 29 e 30 de novembro, a partir das 18:30 h, cunha duración aproximada dunha hora. A entrada é libre e gratuíta.

O  noso centro actuará o vindeiro martes 29 de novembro, coa adaptación da obra de Manuel Núñez Singala O achado do castro medieval

Distribuir contido


by Dr. Radut