O pasado xoves, 27 de abril, de 11:00 a 13:00 h, e dentro do programa “FAI CLIC AO TEU BOCATA”, da Consellería do Mar, realizamos no centro un obradoiro que se dividiu en tres partes:
1ª: Presentación dos condutores do programa e dos personaxes PAN e LATA, protagonistas da actividade, que, xunto coa súa familia, nos situaron no mundo do cómic a través da proxección dun vídeo.
2ª: Presentación das características das conservas que se
degustarán no obradoiro, visualizando un vídeo onde aparece o
percorrido desde que os peixes están no seu hábitat natural ata que
chegan a ser parte dun bocata, pasando polo proceso de
enlatado.
3ª Realización dos bocatas e actividade lúdica.
Organizaron unha actividade en gran grupo mentres que, por grupos máis pequenos, foron pasando pola mesa de bocatas para escoller de xeito individual os ingredientes do seu.
Fixéronse tamén bocadillos para as persoas que presentan algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria, o que permitiu dar información de que son e cómo actuar para protexer a saúde de todos/-as os/as participantes.
Déronselle os bocadillos a cada alumno ou alumna
segundo llellos foron preparando, para que puidesen ilos comendo.
Ao rematarmos o obradoiro, entregáronselles agasallos ao alumnado e material didáctico aos docentes.
- GALERÍA DE FOTOS
- LA VOZ DE GALICIA