O vindeiro xoves 21 de decembro celebramos no centro para o alumnado, unha festa de fin de ano. Logo do chocolate con churros que nos agasalla a ANPA Outeiro de Vea, iremos o salón de actos a escoitar uns cantos de Nadal e celebrar as badaladas. Para iso, cada nena e neno deberá traer, coa vosa colaboración, un tupper con doce uvas ou algo semellante (preferiblemente froita). O alumnado de Educación Infantil, se pode traer a froita picada agradecémolo. Ademais de xeito opcional, poderán vir vestidos elegantes para a festa, se así o desexan.
Moitas grazas e felices festas!