O vindeiro xoves, 21 de decembro, para despedir o 1º trimestre, a ANPA do centro volverá agasallar o noso alumnado cunha chocolatada. A novidade este ano será que contaremos coa presenza dun churreiro que irá preparando os churros "in situ" para comelos quentiños co chocolate.
Moitas grazas á ANPA por preparar esta actividade da que tanto gozan sempre os cativos/as!
A ANPA do centro quere darvos a benvida ao novo curso 22/23 e propoñervos unha serie de actividades extraescolares para que elixades canto antes aquelas nas que queirades matricular os vosos fillos/as:
Desde a Confederación ANPAS GALEGAS traballan este ano na elaboración dunha "Guía da diversidade familiar", un traballo que se enmarca no programa contra a violencia de xénero e que conta co finanzamento da Secretaría Xeral da Igualdade.
A Guía difundíuse entre as ANPA confederadas e tamén aparece como unha ferramenta dispoñíbel na súa web, para pór recursos ao dispor da comunidade educativa; é totalmente libre de uso e pódese reproducir total ou parcialmente. O caso é que teña utilidade.
Desde a escola queremos lembrar ás familias a importancia de estar activos polos beneficios para a saúde do corazón, do corpo e da mente. Cada movemento conta:
Podedes atopar información sobre as actividades deportivas ofertadas polo Concello e pola ANPA Outeiro de Vea nos seguintes enlaces. Animádevos a participar!!!
A Secretaría Xeral da Igualdade convocou axudas para que as ANPA financien actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero.