Skip to Content

Escola de nais e pais

CHARLAS FAMILIAS

 

O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra infórmanos das seguintes actividades destinadas ás familias que se celebrarán no salón de actos da Biblioteca Municipal de Lalín: 

  • Venres 10 de maio ás 20:00 h: actividade formativa a cargo da prestixiosa divulgadora Eva Millet.
  • Luns 13 de maio ás 20:00 h: José Luís Abajo (Pirri), medallista olímpico de esgrima, falará sobre o método para conseguir os teus obxectivos.

Adxuntamos cartel dos eventos, que son totalmente gratuítos.

ESCOLA DE FAMILIAS

IMG-20230524-WA0059.jpg

O diario Faro de Vigo recolle a noticia da creación no noso centro da escola de familias, que inauguramos con dúas charlas, de dúas horas de duración cada unha, no noso salón de actos, nas dúas últimas semanas de maio.


A primeira charla, a cargo da doutora Eva García, pediatra do centro de saúde da Estrada, tratou sobre a familia como motor de cambio na nutrición infantil.

A segunda, dirixida pola psicóloga e mediadora Jeniffer Herbón, de ConVive+, versou sobre o acompañamento aos nosos fillos/as no uso das novas tecnoloxías.

Resultaron charlas moi amenas e interesantes, organizadas polo CFR de Lalín.

ESCOLA DE FAMILIAS: ACOMPAÑAMENTO AOS NOSOS FILLOS/AS NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

La tecnología, ¿beneficia o perjudica el desarrollo de los niños? | Impacto  Evangelístico | Noticias Cristianas

O martes 30 de maio de 16:00 a 18:00 h, teremos no noso centro unha nova sesión da escola de familias que acabamos de crear. Desta volta, o tema será o acompañamento aos nosos fillos/as no uso das novas tecnoloxías.

Non o perdades! Reservade un oco na vosa axenda!

- Cartel da charla.

ESCOLA DE FAMILIAS. CHARLA SOBRE NUTRICIÓN INFANTIL

Cursos de nutrición para mejorar tu salud

Este mércores, 24 de maio, ás 17:00 h, inauguramos a nosa escola de familias coa pediatra Eva García, que nos ofrecerá no salón de actos do centro unha interesante charla sobre nutrición infantil dirixida a todas as familias.

Non podedes faltar! De seguro vos ha resultar moi útil!

A doutora deixounos aquí a súa presentación:

- Nutrición. A familia como motor de cambio. 

OBRADOIRO TÉCNICAS DE ESTUDO

Conoce todos los detalles del estudio de CitieS-Health — Co-creación de un  estudio de epidemiología ambiental sobre la contaminación del aire y los  riesgos para la salud en Barcelona

ENAPAS. A FAMILIA COMO MOTOR DE CAMBIO. (ESCOLA DE FAMILIAS)

Obradoiro de técnicas de estudo para familias. Axudando os nosos fillos/as.

A cargo de Sara Martín (psicóloga xeral sanitaria, curso de especialización en TDAH e postgrao de Neuropsicoloxía) e Claudia Balado (psicóloga xeral sanitaria, máster en Orientación Educativa e experta en TDAH), ambas integrantes do equipo multidisciplinar da Fundación INGADA.

Data: 22 de abril
Hora: 11:30 h.
Lugar: Bilbioteca municipal Varela Jácome (Lalín)
Entrada libre.

EDUCAR NO USO DE INTERNET

Software Educativo... ¿Nuevos Docentes?

A vindeira cita da Escola de Familias será este venres 6 de maio, ás 20:00 h, na Biblioteca Municipal de Lalín, por streaming no enlace www.lalin.gal/aquelar coa conferencia Educar no uso de internet e as TIC: Claves para comprender e previr, impartida pola psicóloga especialista Patricia Gómez.

- Cartel.

ESCOLA DE FAMILIAS

latamlove-manos - Distintas Latitudes
Publicamos aquí o programa da escola de familias que se vai desenvolver nos meses de abril, maio e xuño de 2022 e no que toda a comunidade educativa está convidada a participar.
 
O programa consta dun ciclo de conferencias e talleres combinando as modalidades a distancia e presencial.  

ESCOLA DE FAMILIAS

 ♥* ' • ,Gifs con Brillos, • ' *♥*' • ,
O CFR de Pontevedra, en colaboración co Concello de Lalín, organiza unha conferencia online o mércores 15 de decembro de 20:00 a 22:00 horas, aberta a todas as familias e titulada “Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadal”, no marco da actividade ENAPAS: A familia como motor de cambio.
 
Esta conferencia trata sobre a importancia do xogo no desenvolvemento afectivo-psicolóxico dos nenos/as para abordar e reflexionar sobre a importancia da elección dos agasallos infantís.
 
- Enlace de acceso: lalin.gal/aquelar

ESCOLA DE FAMILIAS

  

A Escola de Familias do Concello de Lalín, en colaboración co CFR, ofrecerá o día 7 de maio, ás 20:00 h, a charla telemática Desenréd@te. Unha aposta pola prevención comunitaria. Adicción ás novas tecnoloxías e xogo online, co relator Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e un dos maiores expertos en España sobre a problemática do xogo en rede para menores.

As persoas que desexen seguir esta videoconferencia deberán facelo a través da ligazón lalin.gal/aquelar.

- Díptico. 

- Faro de Vigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut