Este ano celebraremos o Samaín o mércores 30 de outubro, pero non o faremos coa tradicional exposición de cabazas. No seu lugar, teremos na entrada do centro unha exposición de vasoiras de bruxa titulada Varrendo os medos.
Para iso, desde o luns 21 de outubro, o alumnado poderá traer a súa vasoira decorada, coa colaboración das familias, en relación co proxecto deste ano: “Dinomito” (dinosauros e seres mitolóxicos).
Ademais, podedes seguir os “Mandatos do Samaín”, para espantar de medo, e tamén tematizar as merendas.
Picade no seguinte enlace para consultar os mandatos do Samaín e o calendario de merendas terroríficas.
- Samaín Dinomito.