Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

OS MANDATOS DA MECA

Comezamos coa festa do entroido! Para a semana, a MECA mándanos traer cousiñas para disfrazarnos e asía dar comezo ao entroido en Vea.

DÍA DA PAZ

IMG-20240130-WA0013.jpg

Mirade nas Galerías as fotos do Día da Paz.

Fin de Ano

O vindeiro xoves 21 de decembro celebramos no centro para o alumnado, unha festa de fin de ano. Logo do chocolate con churros que nos agasalla a ANPA Outeiro de Vea, iremos o salón de actos a escoitar uns cantos de Nadal e celebrar as badaladas. Para iso, cada nena e neno deberá traer, coa vosa colaboración, un tupper con doce uvas ou algo semellante (preferiblemente froita). O alumnado de Educación Infantil, se pode traer a froita picada agradecémolo. Ademais de xeito opcional, poderán vir vestidos elegantes para a festa, se así o desexan.

 

Moitas grazas e felices festas!

FESTA DA POESÍA

O xoves 14 de novembro, celebrouse no Teatro Principal da Estrada A XVII Festa da Poesía e os XX Premios Avelina Valladares de Poesía. O noso centro participou na festa co recitado dos poemas: Non chegarei a  de Yolanda Castaño e Ai, amor! de  Neira Vilas recitadas por Celia Godoy, Esther Pais, María Troitiño e Maruxa Mazás.

 

Concurso Tíralle da Lingua

O noso colexio participa no concurso Tíralle da Lingua 2023, que convoca a Asociación Pedagóxica Galega. Pinchade no enlace e poderedes escoitala!

https://www.as-pg.gal/Podcast/ShowPlayer.do?file=747&section=2

CALENDARIO DE ADVENTO

Desde Actividades Complementarias e Extraescolares e co Plan Proxecta de Nutriescolas. Deixámosvos un calendario de advento, no que hai que levar a cabo retos. Pinchade no enlace te animádevos a participar!

Calendario de Advento

 

RADIO

Hoxe no programa "Salta da cama" de Radio Estrada sae a entrevista aos rapaces do noso cole sobre a curta "A Nena". 

Grazas Pablo por esta experiencia e gozar así, da radio no noso colexio!

Aquí tendes o enlace: 

https://www.ivoox.com/a-curta-a-nena-do-ceip-manuel-villar-audios-mp3_rf_120395279_1.html

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

O mes de novembro é o mes da ciencia en Galego. Desde Biblioteca escolar impulsouse un calendario de efemérides con científicos e científicas relevantes.

 

 

Ademais, mandouse para as casas e un tríptico con recomendacións lectoras, xogos e vídeos relacionado co mes da ciencia en galego.

Mostra de Teatro na prensa

O noso colexio saíu na prensa con motivo da VI Mostra de Teatro Olimpio Arca. Para velo, pinchade nos enlaces.

        FARO DE VIGO                                              LA VOZ DE GALICIA

    

OBRADOIRO MEL DE GALICIA

O luns 27, tivemos no colexio unha charla sobre a elaboración do mel en Galicia.

Puidemos probar un traxe de apicultor e as súas ferramentas (como por exemplo o afumador), ver unha colmea, observar como nas alzas se distribuía o mel das celas, o proceso de extracción e, por último, o de envasado.

De recordo levamos de agasallo un tarriño de mel para probalo e un estoxo con material escolar.

E todo, grazas ó consello regulador da denominación de orixe protexida "Mel de Galicia".



Distribuir contido


by Dr. Radut