A concellería de Xuventude do Concello da Estrada, a través de Cibervoluntarios e coa financiación do Ministerio de Xuventude, pon en marcha para o curso académico 2024-2025 un CAMPAMENTO DIXITAL, cuxa finalidade é formar á nosa xuventude en competencias dixitais, algo absolutamente básico na actual sociedade na que vivimos e necesario para acceder no futuro ao mercado laboral e, á súa vez, favorecer a conciliación das familias estradenses, sen necesidade de que teñan que incurrir nun gasto extra.
O campamento dixital é unha actividade TOTALMENTE GRATUÍTA para os seus participantes e dirixida a nenos e nenas desde os 9 ata os 17 anos.
Cada alumno/a terá un crédito horario total de 30 horas que se distribuirá en sesións de 2 horas diarias durante dous días á semana, é dicir, 7 semanas.
As sesións terán lugar na aula Cemit da Fundación Cultural da Estrada. En cada sesión o alumnado participante irá adquirindo novas competencias para utilizar internet e as ferramentas dixitais de xeito creativo, útil e responsable.
Os contidos das actividades axustaranse á idade das persoas participantes, que se distribuirán en dous grupos de traballo, ao frente dos cales estarán varios docentes.
Os campamentos darán comezo os días 14 e 15 de outubro; un grupo comprenderá o alumnado de 9 a 13 anos e o outro grupo, o alumnado de entre 14 a 17 anos.
Curso: Campamento dixital - L 1.1 con Concello de A Estrada
Liña de acción: L1.1 (9-11 anos)
Programación: Todos os martes e xoves do 15 de outubro ao 3 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas
Modalidade: Presencial
Ao finalizar o campamento, cada alumno/a recibirá un certificado DigComp de aproveitamento.
O campamento manterase ao longo de todo o curso escolar, se ben as persoas participantes só poden facelo unha vez.
O prazo de inscrición ábrese este martes, 24 de setembro e permanecerá aberto ao longo de todo o curso, se ben as prazas iranse asignando por riguroso orde de inscrición.
INSCRICIÓNS: As persoas interesadas inscribiranse a través do enderezo electrónico: aedl@aestrada.gal
No contido da mensaxe debes facer constar:
NOME E APELIDOS DO/A MENOR
DATA DE NACEMENTO
DATOS DE CONTACTO DO TITOR/A