Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

VIDEOCONFERENCIA

Os alumnos e alumnas de 6º tivemos unha videoconferencia a cargo dos alumnos de 3º da ESO do IES nº 1. Nela faláronnos dos monolitos que hai na rúa da Cultura, a que ilustre estaba adicado cada un e comentáronnos o máis destacado deles e delas. GRAZAS AOS MOZ@S POR ESTA CLASE MAXISTRAL!

NOTICIEIRO DINAMIZATV

NOTICIEIRO DINAMIZATV

En colaboración con todos os equipos de dinamización da lingua dos colexios da Estrada e co concello elaboramos durante o curso reportaxes e noticias. Todo isto se plamou en diferentes noticieiros. Este é o noso: 

Parabéns aos cativos e grazas a todos e todas por colaborar!

 

FESTA DAS PALABRAS

O acto tivo lugar no Teatro Principal da Estrada.

O Teatro Principal da Estrada acolleu onte a 9ª edición da Festa das Palabras. A iniciativa, organizada polos equipos de dinamización lingüística dos centros educativos do municipio, pretende fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade e serve como colofón ao traballo realizado polo alumnado durante todo o curso escolar.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

- Fotos dos nosos gañadores/as.

DINAMIZA TV NA PRENSA

O Concello da Estrada e os dez centros escolares do municipio uníronse para poñer en marcha unha iniciativa bautizada como “Dinamiza TV” co obxectivo de promover o uso do galego entre os máis cativos/as. Para iso, apostouse por un marco audiovisual, coa creación dun informativo en cada un dos centros escolares no que tiveron cabida os vídeos creados polo propio alumnado e ao que se deu forma final cunha gravación no Teatro Principal estradense.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

CORRELINGUA 2022

_MG_0426.jpg

Hoxe participamos, xunto co resto de escolares da Estrada, no Correlingua.

Primeiro fixemos un percorrido polas rúas da vila pola defensa do galego e logo reunímonos na praza do Concello para ler un manifesto e gozar da música coa actuación do grupo Mekánika Rolling Band.

Todo o evento estivo presentado pola televisiva Isabel Risco.

Mirade algunhas das fotos na Galería.

Contacontos

Seguimos conmemorando o día do libro, nesta ocasión foi cun contacontos realizado polos nenos e nenas de 6º. Este mércores, representárono ante todo o alumnado no patio. Botádelle unha ollada a ver se vos gusta!

NOTICIEIRO

Este martes, o alumnado de Vea achegouse ata o teatro principal para gravar un noticieiro que estamos a facer entre todos os colexios da Estrada en colaboración co concello.

PREPARÁDOSE....

 

REMATE...

 

 

DÍA DO LIBRO

FEIRA DO LIBRO

Este venres celebrabos no Colexio unha feira moi especial, para conmemorar o día do libro. Estivemos vendendo e mercando libros. Tamén traballamos o cálculo con billetes e moedas. Foi unha actividade moi divertida! Grazas a todas as familias pola vosa colaboración!

DÍA DA TERRA

O venres 22 de abril é o día da TERRA, o noso colexio non quixo que este día pasara desapercibido e para conmemoralo decidimos plantar camelias en macetas. Esperamos que vaian adiante, e poder contribuir así, á mellora do noso planeta.

FELIZ DÍA DA TERRA!!

CONCURSO MICRORRELATOS E MICROPOEMAS

O noso cole vén de participar no IX concurso de Micropoemas e Microrrelatos dos centros educativos da Estrada.

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos darlle as grazas a todos os participantes desta edición polo seu esforzo e interese por crear na nosa lingua, así como ao alumnado de educación infantil por ilustrar os escritos.

Este ano as gañadoras en Micropoemas son Estela, Carmen e Jimena. Os gañadores e gañadoras en microrrelatos son Manuel, Luján e Daniel.

Noraboa a todos e todas!

Distribuir contido


by Dr. Radut