Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CONCURSO MICRORRELATOS E MICROPOEMAS

O noso cole vén de participar no IX concurso de Micropoemas e Microrrelatos dos centros educativos da Estrada.

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos darlle as grazas a todos os participantes desta edición polo seu esforzo e interese por crear na nosa lingua, así como ao alumnado de educación infantil por ilustrar os escritos.

Este ano as gañadoras en Micropoemas son Estela, Carmen e Jimena. Os gañadores e gañadoras en microrrelatos son Manuel, Luján e Daniel.

Noraboa a todos e todas!

POESÍA E DÍA DA ÁRBORE

O 21 de marzo foi o día da Poesía e o día da árbore. Para celebralo dende o colexio creamos uns códigos QR na que fixemos uns vídeos tanto de recitado de Poesías como das características das árbores. Colocámolas por todas as árbores que hai no cole. 

Logo cada clase puido baixar ao patio e escanear os códigos e así, puideron gozar e aprender das nosas creacións.

Se queredes podedes escanear os códigos QR e gozar vós tamén das nosas creacións.

 

8 M

8 MARZO DÍA DA MULLER

Para celebrar o día internacional da Muller, no noso centro fixéronse varias actividades:

MURAIS 8M

Desde as aulas realizáronse murais para conmemorar este día.

        

 

MULLERES PIONEIRAS

Desde as aulas estudouse a vida de diferentes mulleres galegas que destacaron en diferentes disciplinas sendo pioneiras entre as mulleres. Fixéronse fichas cos datos máis relevantes.

        

DÍPTICOS E MANUALIDADES

Tamén se fixeron manualidades e dípticos, os cales os rapaces e rapaces leváronos para ensinarllo ás familias.

        

SAÍDA 

Saímos a visitar a exposición Mulleres Valentes de Rosa de Cabanas, esta exposición está na casa das Letras da Estrada. Tamén traballamos cun dossier das mulleres valentes e algunha ficha.

         

 

Entroido 22

O pasado 25 de febreiro celebramos o Entroido no Villar Paramá. Houbo desfiles e actuacións con bailes ben bonitos. 

ENCONTROS DOS XENERAIS DE VEA

Premede en YouTube para ver o vídeo en pantalla completa.

DÍA DE ROSALÍA

Este martes celebramos o día de Rosalía con varias actividades.

SEMENTADE PENSAMENTOS:

A asociación de escritores e escritoras en lingua galega propuxo a idea de sementar pensamentos, e o noso colexio non quixo ser menos e elaboraboramos unha flor xigate, en cada pétalo puxemos pensamentos de Rosaía de Castro, uns pensamentos bastante adiantados para a súa época e que hoxe en día aínda se poden seguir pensando.

              

FLORES A ROSALÍA

Esta semana elaboraramos unhas flores para conmemorar o día de Rosalía, todas elas levan unha tarxetiña coa cara de Rosalía, outras, levan parte dun poema ou unha cita da nosa escritora por excelencia. Varios cursos levaron a flor para casa. FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

              

                       lslslssnzbxbkxvnzxnbxcv

CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA

O concello da Estrada celebrou o día de Rosalía cun acto no Teatro Principal e na que participaron os colexios da Estrada. Os rapaces e rapazas recitaros poemes, a inmensa maioría de Rosalía.

O noso coloxio tamén asistiu e as dúas rapazas de 4º recitaron o poema Xan e o poema Alborada.

         

 

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Hoxe 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. E o colexio para homenaxear a todas as mulleres científicas, pegámonos unha bochechas vermellas ao igual que aparecen elas en distintas ilustracións.

Ollade este video, xa veredes que lindo quedou!

Día da Pizza

Hoxe é o día mundial da PIZZA!

E como non, o noso colexio quixo celebralo. Os alumnos e alumnas de 6º buscaron unha receita, escribírona, votárona e a gañadora foi a que elaboraron, e por suposto, comérona.

              

                           

 

- La Voz de Galicia.

- Faro de Vigo.

CANDELORIA

 

O día da Candeloría é o día do amor Galego. Os alumnos e alumnas de 6º elaboraron unhas casiñas de paxaro. Esta casiñas penduráronse diante de cada porta. Alí os paxaros mensaxeiros deixáronnos notiñas de amor e amizade. Cada neno ou nena elaborou unha tarxetiña con palabras de amizade e amor, un poemiña, un debuxiño... Os paxariños tamén nos deixaron uns autocoloantes moi bonitos....

 

      

 

                                 

MANIFESTO POLA PAZ

O venres 28 os nenos e nenas de 6º fixeron un manifesto pola paz. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut