O venres 12 celebramos o magosto, houbo dous obradoiros e unha xornada de xogos populares.
No OBRADOIRO DE PINTURA o alumnado de educación infantil pintou con témpera catro murais coa temática do magosto, tivemos castañeira, esquío, castiñeiro... O alumnado de primaria fixo cadansúa composición pintada tamén con témpera.
O outro obradoiro que realizamos este venres foi o OBRADOIRO DE MANUALIDADES, aquí fixemos unha postal do magosto e os típicos cucuruchos para comer as castañas.
Tivemos uns XOGOS POPULARES cuns monitores especiais, os alumnos e alumnas de 6º! Levamos máis de 10 días preparando os xogos, para explicárllelos aos demais. Entre os xogos destacamos a billarda, a petanca e os birlos celtas.
-
COMEMOS CASTAÑAS
Despois dos obradoiros e dos xogos populares tocou comer as castañas!
Logo de asalas nunha carreta, fomos enchendo os cucuruchos e outras manualidades como recipientes. Estaban riquísimas! Todo isto amenizado con boa música, algúns botamos uns bailes e outros xogamos libremente.