Skip to Content

25N

 

O pasado 25 de novembro celebramos no colexio DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

Fusionamos dúas perspectivas, por unha banda as Tanxugueiras e por outra, a María Balteira. Así a tradición, o medieval e o moderno mestúranse, sempre tendo en conta o empoderamento destas mulleres de "armas tomar" e as súas circunstancias históricas.

 

Durante a semana estivemos traballando as letras das cancións das Tanxugueiras, e analizando a situación da muller e a violencia machista. Creamos uns cartaces con forma de pandeireta negra e plasmamos nelas uns versos das distintas cancións.

Demos visivilidades ao 25N e colocamos na fachada o lema Somos fortes, tamén penduramos as pandeireiretas cos versos da reixa de fóra.

O propio 25 vestímonos tod@s de negro e pintamos a cara, ademais tivemos un acto, onde nos manifestamos en contra da violencia, facendo fincapé nas víctimas do ano e na letra machista de determinadas cancións. 

Fixemos un baile coa canción das Tanxugueiras Figa, rematamos o baile cos puños altos en forma de figa e con "confeti" lila.



story | by Dr. Radut