Curso 2009-10
CONTO: "AS BRUXAS DE VINCIOS"
Enviado por anaiglesiasiglesias o Sáb, 11/21/2009 - 16:10Na aula de 5 anos, fixemos unhas bruxas con material de refugallo (botellas, papel de periódico, teas, etc.), e logo fixemos un conto rimado con elas. Esperamos que vos guste.
HALLOWEEN
Enviado por Anónimo o Sáb, 11/21/2009 - 13:54
Así celebraron Halloween os nenos e nenas do cole na aula de Inglés.
sentímolo, flash non está dispoñible.
CONTACONTOS "A BRUXA ENRABECHADA"
Enviado por anaiglesiasiglesias o Mér, 11/18/2009 - 12:10Algunhas profes do cole, o mércores 18 amenizaran ao 2º ciclo, con un conto:
"A BRUXA ENRABECHADA"
ENCÁNTANOS TOCAR O XILÓFONO
Enviado por Anónimo o Mar, 11/17/2009 - 01:52O OUTRO DÍA, MARTÍN, TROUXO O SEU XILÓFONO DE MADEIRA. ÁS VECES A PROFE TRAE O SEU QUE É DE METAL. A NÓS GUSTANOS TOCAR OS DOUS COAS BAQUETAS. A PROFE DE MÚSICA DÍXONOS QUE NON SE CHAMABAN XILÓFONOS, QUE CANDO SON TAN PEQUENIÑOS CHÁMANSE CARRILLÓNS, PERO A NÓS GÚSTANOS CHAMARLLES XILÓFONOS. MIRADE QUE BEN OS TOCAMOS...
MÚSICA MAESTRO!!!
sentímolo, flash non está dispoñible.
1º CONCURSO DE HISTORIAS DE TERROR
Enviado por Anónimo o Mar, 11/17/2009 - 00:47
PRIMEIRO PREMIO
A CABAZA TERRORIFICA
Esta historia que vos vou contar sucedeu fai moitisimos anos.
Nun lonxano pobo vivía unha vella nunha casiña coa sua horta, ali plantaba toda clase de legumes: tomates, pementos, xudias, melons… Unha maña a vella se levantou foi facer o que todos os días facia. Lle daba de comer as galiñas, os patos e os coelliños e logo se poñia a traballar na sua horta.
Estaba sachando a terra cando de supeto veu no medio das herbas malas que estaba a arrincar unha planta de cabaza coa sua cabaciña.A vella sorprendeuse pois ela nunca plantara na sua horta cabazas, e non se explicaba como chegaria ali esa planta. Despois de estar un bo rato mirando para aquela cabaciña chegou a conclusión de que seguramente algún paxariño que se pousou na sua horta traería alguna semente no pico e caerialle e co paso do tempo aquela semente brotou. A vella miraba e miraba para aquela cabaciña, algo raro lle miraba pero seguiu a traballar na sua horta.
O día seguinte a vella o levantarse foi facer o de todolos días, cando chegou a sua horta dixo:
- Arre demo non o podo creer.
E caeu espatarrada de patas o aire. Diante dela estaba a cabaciña que onte atopara, había medrado moitisimo tanto que había aplastado os pementos que ela con tanto cariño coidaba. A vella se levantou do chan toda enfadada, colleu un fouciño e cortou en dous anacos aquela cabaza e dixo:
- Ti xa non botas a perder tantos días de traballo que eu pasei cos meus pementos.
Marchou para a casa con un cabreo que nin as galiñas se acercaban a ela por si a caso. Aquela cabaza como si de maxia se tratase xuntou os dous anacos formándose outra vez en cabaza. O día seguinte a vella volveu ir a horta a traballar e cando chegou ali:
- ¡OOOOH! Aaaaah!
Menudo berro pegou se oiu a 3km dali. Diante dela estaba a sua horta aplastada por aquela cabaza había triplicado o seu tamaño. A vella enfurecida foi buscar unha machada e empezou a darle machelazos a aquela xigantesca cabaza unha e utra vez ata que se cansou, pero despois de tanto bater e bater nin un so corte lle fixera, a cabaza estaba como si nada, cando de supeto empezou a facer un ruido estremecedor como cando abres unha porta que chirria, estaba abrindo unha enorme boca pola cal asomaban dous espeluznantes dentes e nun abrir e cerrar de ollos ¡zas! zampouse a pobre vella que se había quedado como unha parva coa boca aberta vindo o que estaba acontecer. Aquela cabaza volveu a facer ese ruido e a sua enorme boca desapareceu. Ali estivo varios días sin que os veciños do lugar se percataran dela. Ata que un día un home pasaba por ali para levarlle a vella unas mazas e mirouna, pensou que fora a vella quen a plantara. Enton chamou pola vella e o ver que non contestaba buscouna pola casa, el chamaba unha e outra vez. Nada. Recorreu toda a casa e toda a horta sin atopar algo que lle indicase o que ali pasara. Pasou polo lado da cabaza e quedou mirandoa, algo raro tiña esa cabaza a parte do seu enorme tamaña, cando ¡OH NO! outra vez ese ruido e zas comeuse o pobre do home. Aquela terrorífica cabaza xa se había comido a duas persoas.
O chegar a noite a muller daquel home achegouse por ali en busca do seu home pois fora ela quen o mandara levarlla as mazás a vella, traia na man un candil para poder ver pois por aqueles tempos non se inventara a electricidade, e pasou polo lado daquela enorme cabaza quedando sorprendida polo seu tamaño. Entón viu que no chan estaban ciscadas todas as mazás, algo malo presentia aquela muller outra vez ese ruido e ¡zas! zanpouse a pobre muller. Xa iban tres persoas cando de súpeto a cabaza empezou a botar fume cada vez mais e mais ata que empezou a arder. Foi porque o comerse a muller tragou o candil e iso foi o que orixinou o lume.
Aquela malvada cabaza ardeu por completo non quedou rastro dela nin do que ali pasara. Por iso os veciños daquel pobo non encontraron ningunha explicación da desaparición daquelas tres pobres persoas e ainda hoxe se preguntaban que seria delas.
Carla Villar Rial, 3º
♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥
SEGUNDO PREMIO
EL COLEGIO ENCANTADO
Hola, soy una niña de 2ºA del C.E.I.P. Serra Vincios y os voy a contar una historia que pasa en mi colegio. Ultimamente están pasando cosas muy raras. Los niños de 2ºA se pusieron a investigar y ensegida se dieron cuenta de que se trataba de los profesores y empezaron a buscar por todas partes. Buscaron por su mesa, buscaron por la sala de profesores. Después de buscar tanto tiempo por fin encontraron un pasadizo secreto, entraron en el sin mi y los secuestraron. Como me quede sola fui a pedirle a 2ºB que me ayudaran y fuimos todos juntos a rescatar a mis conpañeros. Cuando llegamos allí encontramos a la profe Irene haciéndole a Marta un hechizo y la profe Judith era una zonbiy ya había convertido en muertos vivientes a todos. Cuando intentamos salvarlos nos rodearon y cuando estaban a punto de mordernos di un grito y de repente me encontré sentada en mi pupitre como si nada de esto hubiera pasado.
AVISO
A lo mejor todo fue un sueño pero por si acaso teneis que andar con los ojos bien abiertos.
Lucía Montero Pérez, 2ºA
♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥
TERCEIRO PREMIO
COIDADO COS DEBUXOS FEOS!
Hai unha seman a mestra pediunos que fixeramos uns debuxos para decorar Halloween. Eu fixen un moustruo ben feo: as orellas con cinco picos, os ollos pequerechiiiiños e vermellos, o nariz puntiagudo, tres bocas rectangulares repartidas pola cara, no corpo 18 brazos e ben ancho.
Esa noite mentras eu durmía cobrou vida, cando se viu tan feo, tan feo, tan feo, enfadouse comigo e meteuse debaixo da cama para darme golpes, fixo un ruido espantoso, abriu a fiestra dun soplido, deu portazos ca porta, tirou todolos libros o chan, arrastrou as monecas, tirou o sofá… eu estaba morta de medo pero o moustro non paraba, seguía a bater contra a fiestra, batía contra a pizarra, eu que sen. A noite seguinte eu tiña medo por se ia pasar o mesmo e escoiten chorar a alguen: sooonnn feeoo, soonnn feeoo. A mañá o desperten e vino tan so e tan feo que decidín porlle uns amigos e facelo mais guapo. Pola noite fixeron unha festa entre todos e eu uninme a ela. Pasámolo de medo!
Noemi Torres Otero, 3º
♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥
Gañadoras o concurso. De esquerda a dereita, Noemi, Carla e Lucía cos seus premios.
CHEGOU O OUTONO!!!
Enviado por Anónimo o Lun, 11/16/2009 - 23:26A fada do outono estaba moi xoguetona e non queria traer a chuvia e o vento, pero... por fin chegou o outono!!! Gústanos observar como as follas das árbores do patio mudan a súa cor, como caen e gústanos saír a xogar con elas. O único que non nos gusta do Outono e que, cando chove, non podemos saír a xogar ao patio de fora .
Se o outono xa chegou... tiñamos que facer que chegase tamén ao noso castelo asi que puxémonos mans á obra. Baixamos ao patio cunha misión: recoller moitas follas de distintas cores, formas e tamaños. Unha vez en clase, as clasificamos entre todos. Outro día aprendemos as letras que necesitamos para escribir a palabra OUTONO e escribimos a palabra coas letras magneticas, no encerado e nun mural máis grande para colorear cada letra dunha cor. As follas que collemos no patio as utilizamos para facer o mural, primeiro pintamos o fondo, despois estampamos follas e por último pegamos algunhas follas máis. Así de bonito quedou o noso mural.
sentímolo, flash non está dispoñible.
O PRIMEIRO DÍA NO NOVO "CASTELO"
Enviado por Anónimo o Lun, 11/16/2009 - 23:10O primeiro día de curso coñecimos a un novo bruxiño. Todos estabamos moi contentos, queriamos volver ao cole para xogar cos compañeiros e ver ás profes. A nova clase (o noso castelo) é moi bonita, adornámola un pouquiño e xogamos nos novos recunchos. Despois de contar o ben que o pasamos nas nosas vacacións, fomos a visitar as outras clases e a ensinarlle o colexio ao noso novo amigo. A profe fíxonos unha foto de grupo e quedamos así de guapos, podedes ver qué felices estabamos por volver a vernos.
Contacontos "A bruxa enrabechada"
Enviado por anaiglesiasiglesias o Mar, 11/10/2009 - 19:18Algunhas profes do cole, o mércores 18 amenizaran ao 2º ciclo, con un conto:
"A BRUXA ENRABECHADA"
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »