O PRIMEIRO DÍA NO NOVO "CASTELO"

O primeiro día de curso coñecimos a un novo bruxiño. Todos estabamos moi contentos, queriamos volver ao cole para xogar cos compañeiros e ver ás profes. A nova clase (o noso castelo) é moi bonita, adornámola un pouquiño e xogamos nos novos recunchos. Despois de contar o ben que o pasamos nas nosas vacacións, fomos a visitar as outras clases e a ensinarlle o colexio ao noso novo amigo. A profe fíxonos unha foto de grupo e quedamos así de guapos, podedes ver qué felices estabamos por volver a vernos.