CHEGOU O OUTONO!!!
A fada do outono estaba moi xoguetona e non queria traer a chuvia e o vento, pero... por fin chegou o outono!!! Gústanos observar como as follas das árbores do patio mudan a súa cor, como caen e gústanos saír a xogar con elas. O único que non nos gusta do Outono e que, cando chove, non podemos saír a xogar ao patio de fora .
Se o outono xa chegou... tiñamos que facer que chegase tamén ao noso castelo asi que puxémonos mans á obra. Baixamos ao patio cunha misión: recoller moitas follas de distintas cores, formas e tamaños. Unha vez en clase, as clasificamos entre todos. Outro día aprendemos as letras que necesitamos para escribir a palabra OUTONO e escribimos a palabra coas letras magneticas, no encerado e nun mural máis grande para colorear cada letra dunha cor. As follas que collemos no patio as utilizamos para facer o mural, primeiro pintamos o fondo, despois estampamos follas e por último pegamos algunhas follas máis. Así de bonito quedou o noso mural.