Eventos
Non vos esquezades de ler todos os días aínda que so sexan 5 minutiños.
- Cando os nenos son pequenos está ben lerlles as etiquetas das cousas habituais (o Colacao, a leite...) é unha forma de que se vaian decatando que hai letras por todas partes e que a lectura forma parte da nosa vida cotiá.
- Tamén está ben lerlles cando se van a cama. Axúdalles a fantasear, a romper coa rutina, tanto a eles como a nós.
- Está probado que ler ten unha chea de benefícios: aumenta o vocabulario, mellora a capacidade comunicativa, axuda a estruturar as mensaxes, favorece a atención...
Hoxe en día está moi de moda o concepto de Intelixencia Emocional que fai referencia a capacidade de xestionar, comprender e manexar as nosas emocións (Daniel Goleman). Pouca cousa non é!
Chegar a eso non é doado, pero vai mellorar en moito a nosa calidade de vida e a nosas relacións sociais. E se algo queremos todos e que as nosas nenas e os nosos nenos acaden estes obxectivos tan prezados.
Pero, como o logramos?
Din, os que saben disto, que hai que traballar 5 eidos:
1. Coñecernos a nos mesmos e as nosas emocións (os nosos estados de ánimo)
2. Controlar as nosas emocións (autorregularnos)
3. Automotivarnos (non esperar que sexan os demais os que nos motiven)
4. Empatía (recoñecer o estado de ánimo dos demais)
5. Habilidades sociais.
Hai moitas cousas sinxelas que podemos facer para axudalos:
- Preguntarlles como se senten ( non só cando estean tristes ou enfadados), e que intenten dicirnos o por que.
- Dicirlles como nos sentimos e explicarlle o por que.
- Cando se enfadan, darlles un tempo para calmarse e que despois nos digan o motivo.
- Lerlle contos e adicarlle un tempo a falar deles.
- Cando temos un conto novo, antes de lelo, ver xuntos os debuxos e tratar de descubrir as emocións dos personaxes.
- Xogar con eles. Se teñen bonecos de superheroes está ben xogar a que se enfadan, choran ou teñen medo, para que entendan que todos poden expresar tódalas emocións.
- A música e a pintura tamén axudan, e moito, a amosar as nosas emocións, está ben incluílas nas nosas vidas.
Hoxe en día está moi de moda o concepto de Intelixencia Emocional que fai referencia a capacidade de xestionar, comprender e manexar as nosas emocións (Daniel Goleman). Pouca cousa non é!
Chegar a eso non é doado, pero vai mellorar en moito a nosa calidade de vida e a nosas relacións sociais. E se algo queremos todos e que as nosas nenas e os nosos nenos acaden estes obxectivos tan prezados.
Pero, como o logramos?
Din, os que saben disto, que hai que traballar 5 eidos:
1. Coñecernos a nos mesmos e as nosas emocións (os nosos estados de ánimo)
2. Controlar as nosas emocións (autorregularnos)
3. Automotivarnos (non esperar que sexan os demais os que nos motiven)
4. Empatía (recoñecer o estado de ánimo dos demais)
5. Habilidades sociais.
Temos cousas sinxelas que podemos facer para axudarlles coas emocións:
- Preguntarlles como se senten ( non só cando estean tristes ou enfadados), e que intenten dicirnos o por que.
- Dicirlles como nos sentimos e explicarlle o por que.
- Cando se enfadan, darlles un tempo para calmarse e que despois nos digan o motivo. Non sacarlle importancia.
- Lerlle contos e adicarlle un tempo a falar deles.
- Cando temos un conto novo, antes de lelo, ver xuntos os debuxos e tratar de descubrir as emocións dos personaxes.
- Xogar con eles. Se teñen bonecos de superheroes está ben xogar a que se enfadan, choran ou teñen medo, para que entendan que todos poden expresar tódalas emocións.
- A música e a pintura tamén axudan a amosar as nosas emocións, está ben incluílas nas nosas vidas.
Hoxe en día está moi de moda o concepto de Intelixencia Emocional que fai referencia a capacidade de xestionar, comprender e manexar as nosas emocións (Daniel Goleman). Pouca cousa non é!
Chegar a eso non é doado, pero vai mellorar en moito a nosa calidade de vida e as nosas relacións sociais. E se algo queremos todos e que as nosas nenas e os nosos nenos acaden estes obxectivos tan prezados.
Pero, como o logramos?
Din, os que saben disto, que hai que traballar 5 eidos:
1. Coñecernos a nos mesmos e as nosas emocións (os nosos estados de ánimo)
2. Controlar as nosas emocións (autorregularnos)
3. Automotivarnos (non esperar que sexan os demais os que nos motiven)
4. Empatía (recoñecer o estado de ánimo dos demais)
5. Habilidades sociais.
Temos cousas sinxelas que podemos facer para axudalos coas emocións:
- Preguntarlles como se senten ( non só cando estean tristes ou enfadados), e que intenten dicirnos o por que.
- Dicirlles como nos sentimos e explicarlle o por que.
- Cando se enfadan, darlles un tempo para calmarse e que despois nos digan o motivo.
- Lerlles contos e adicarlle un tempo a falar deles.
- Cando temos un conto novo, antes de lelo, ver xuntos os debuxos e tratar de descubrir as emocións dos personaxes.
- Xogar con eles. Se teñen bonecos de superheroes está ben xogar a que se enfadan, choran ou teñen medo, para que entendan que todos poden expresar tódalas emocións.
- A música e a pintura tamén axudan a amosar as nosas emocións, está ben incluílas nas nosas vidas.
A atención é un dos requisitos básicos para a aprendizaxe. No colexio trabállase de maneira interdisciplinar e transversal coas tarefas cotidianas, e a veces con actividades explícitas.
Tamén se pode traballar na casa de xeito lúdico.
Aquí van algunhas recomendacións:
1. Practicar 2 ou 3 veces a semana, non máis de 15 minutos.
2. Sería bo facelo para cambiar de tarefa, a modo de pequeno descanso, cun xogo ou unha ficha que lles guste.
3. Non facilitarlle en exceso a tarefa.Aclararlle as dúbida cun exemplo e deixarlles facer a eles.
4. Non sinalarlle os erros, deixar que se decaten eles a través da repetición. Lembra que é un traballo lúdico.
5. Animalo sempre cun "estás a facelo moi ben" ou "bo traballo", sen darlle importacias aos fallos.
Os puzles e os xogos de construción son moi bos.
Aquí vos deixo algunhas fichas sacadas da páxina de Orientación Andújar (https://www.orientacionandujar.es/)