INTELIXENCIA EMOCIONAL

03/24/2020 12:08

Hoxe en día está moi de moda o concepto de Intelixencia Emocional que fai referencia a capacidade de xestionar, comprender e manexar as nosas emocións (Daniel Goleman). Pouca cousa non é!

Chegar a eso non é doado, pero vai mellorar en moito a nosa calidade de vida e a nosas relacións sociais. E se algo queremos todos e que as nosas nenas e os nosos nenos acaden estes obxectivos tan prezados.

Pero, como o logramos?

 

Din, os que saben disto, que hai que traballar 5 eidos:

1. Coñecernos a nos mesmos e as nosas emocións (os nosos estados de ánimo)

2. Controlar as nosas emocións (autorregularnos)

3. Automotivarnos (non esperar que sexan os demais os que nos motiven)

4. Empatía (recoñecer o estado de ánimo dos demais)

5. Habilidades sociais.

 

Temos cousas sinxelas que podemos facer para axudarlles  coas emocións:

- Preguntarlles como se senten ( non só cando estean tristes ou enfadados), e que intenten dicirnos o por que.

- Dicirlles como nos sentimos e explicarlle o por que.

- Cando se enfadan, darlles un tempo para calmarse e que despois nos digan o motivo. Non sacarlle importancia.

- Lerlle contos e adicarlle un tempo a falar deles.

- Cando temos un conto novo, antes de lelo, ver xuntos os debuxos e tratar de descubrir as emocións dos personaxes.

- Xogar con eles. Se teñen bonecos de superheroes está ben xogar a que se enfadan, choran ou teñen medo, para que entendan que todos poden expresar tódalas emocións.

- A música e a pintura tamén axudan a amosar as nosas emocións, está ben incluílas nas nosas vidas.