INTELIXENCIA EMOCIONAL
Hoxe en día está moi de moda o concepto de Intelixencia Emocional que fai referencia a capacidade de xestionar, comprender e manexar as nosas emocións (Daniel Goleman). Pouca cousa non é!
Chegar a eso non é doado, pero vai mellorar en moito a nosa calidade de vida e a nosas relacións sociais. E se algo queremos todos e que as nosas nenas e os nosos nenos acaden estes obxectivos tan prezados.
Pero, como o logramos?
Din, os que saben disto, que hai que traballar 5 eidos:
1. Coñecernos a nos mesmos e as nosas emocións (os nosos estados de ánimo)
2. Controlar as nosas emocións (autorregularnos)
3. Automotivarnos (non esperar que sexan os demais os que nos motiven)
4. Empatía (recoñecer o estado de ánimo dos demais)
5. Habilidades sociais.
Hai moitas cousas sinxelas que podemos facer para axudalos:
- Preguntarlles como se senten ( non só cando estean tristes ou enfadados), e que intenten dicirnos o por que.
- Dicirlles como nos sentimos e explicarlle o por que.
- Cando se enfadan, darlles un tempo para calmarse e que despois nos digan o motivo.
- Lerlle contos e adicarlle un tempo a falar deles.
- Cando temos un conto novo, antes de lelo, ver xuntos os debuxos e tratar de descubrir as emocións dos personaxes.
- Xogar con eles. Se teñen bonecos de superheroes está ben xogar a que se enfadan, choran ou teñen medo, para que entendan que todos poden expresar tódalas emocións.
- A música e a pintura tamén axudan, e moito, a amosar as nosas emocións, está ben incluílas nas nosas vidas.