Skip to Content

4 anos

SEMANA 3: DÍA 2

Bo día, familias:

 O venres pasado, 27 de febreiro, foi o día do Teatro. Como homenaxe a este queriamos facervos unhas propostas nestos días. 

Hoxe, queremos centrarnos no teatro de sombras chinescas. Así, amosámosvos dous contos realizados con esta técnica:

A pequena oruga glotona: https://www.youtube.com/watch?v=wFWcqD_5frI

Siete ratones ciegos: https://www.youtube.com/watch?v=0oU940oVAto

 

Nesta liña vén a nosa proposta de calma e xogo de hoxe: a realización dun teatrillo de sombras!

Atopamos un enlace que nos parece que explica moi ben como poder realizalo con material que teñades pola casa:

https://loscuentosdemama.com/teatro-de-sombras-diy-como-hacerlo-y-disfrutarlo-en-familia/

E as personaxes podedes debuxalas ou ben imprimilas. Aquí tendes plantillas para imprimir do conto de Elmer, a oruga glotona,...:

http://www.clubpequeslectores.com/2017/05/teataro-sombras-cuento-infantil-elmer.

 

Tamén podedes investigar que pasa se usades obxectos reais ou xoguetes para contar o conto. Producen tamén sombras? As sombas dos títeres creados con cartolina negra (obxecto opaco) é igual que as creadas polos títeres con celofán de cores? A partir de estas preguntas e tras escoitar as respostas dos nenos e nenas, se vos apetece, podedes cambiar o arte do teatro pola experimentación a través dos experimentos científicos. Aquí van algunhas  propostas: 

 

  • EXPERIMENTO 1: PINTANDO SOMBRAS. 

Consiste en apagar a luz da habitación e proxectar coa lámpada luz sobre un papel posto na mesa do escritorio.  A actividade consiste en pintar as sombras que se proxectan xogando coas sombras que producen pequenos obxectos ou xoguetes postos diante da lámpada. Hai que traballar en equipo, xa que alguén ten que aguantar o obxecto para que outra persoa pinte no papel. É interesante nun primeiro momento que os nenos e nenas experimenten cos diferentes tipos de sombras que se proxectan, antes de decidir cal queren pintar. Tamén podemos analizar que pasa coa sombra se movemos o obxecto achegándoo ou alonxándoo da luz. Xogade a que fagan predicións. Como será a sombra se a poño preto da luz? E se creo máis distancia?  Logo poden usar diferentes técnicas de pintura: acuarela, rotuladores, ceras brandas..

Extraído de: https://www.mass.edu/stem/documents/preschoolcurricular/CEES%20Curriculum%20Light%20and%20Shadows%20-%20Spanish.pdf

 

  • EXPERIMENTO 2: DEBUXAR A SOMBRA DE ALGUÉN. 

Procura o ventanal máis ancho da túa casa. Pon papel contínuo no chan. Observa por onde se coloca o sol cando ilumina esa ventana (en función da hora a orientación do sol será diferente nesa habitación). Na primeira hora que o sol ilumine a ventana que unha persoa se coloque no punto no que consega que a súa sombra se reflicte no papel continuo e que outra persoa debuxe a sombra. Repetide o experimento cada hora. Ao finalizar...reflexionade co que pasou. Onde se foi colocando a sombra? Por que sería? Cambiou o tamaño da sombra? tratade de guiar aos nenos e nenas na reflexión para que sexan eles e elas quenes conclúan que o sol se move. Se non son quen de facelo, non vos preocupedes. É un proceso de maduración cognitiva que irán acadando facendo moitas actividades deste tipo. O importante é o proceso de aprendizaxe que se vai realizando, non o resultado. E sobre todo, que o pasárades ben!

Para finalizar, podedes ver este corto que relaciona o arte e os experimentos: 

 https://youtu.be/-HlIfIZdGuM

 

E non podiamos rematar sen compartir con todos vós a felicidade de Darnell celebrando o seu aniversario:

 

 

Semana 3. Día 1.

Estimadas familias, 

 

queremos comezar a entrada co máis importante do día: 

 

DARNELL….ESTÁS DE CUMPLE!!! MOITOS PARABÉNS! QUE PASES UN DÍA ESTUPENDO COA TÚA FAMILIA.  XA QUEDA MENOS PARA PODER CELEBRALO XUNTIÑAS E XUNTIÑOS! UN BICO GRANDE

 

 

Hoxe, presentamos as seguintes propostas de actividades: 

 

En relación ao traballo en calma, polo día mundial da poesía (o 21 de marzo)  propoñemos que lles leades os seguintes poemas relacionados cos proxectos: 






O MAR: Poema de Gloria Fuertes

 

AS MASCOTAS: Poema de Miguel Anxo Romero extraído do libro-disco “Poemas con canela”: 

 

Despois de lelos en alto unhas cantas veces eles poden contarvos algunhas das ideas que entenden no poema e despois, debuxalo. 

 

Como actividade de movemento, achegámosvos este video en inglés:

https://youtu.be/phuX86UAPYo

Podedes ver algúns dos outros vídeos de BORN TO MOVE de 4-5 anos ou incluso animarvos a facer en familia ás clases que teñen para 6-7 anos. 

 

E como proposta de conto: “El monstruo de colores”, outro habitual nas nosas aulas. 

 

https://youtu.be/S-PTa20NNrI


En relación á asemblea familiar, compartimos con vos este vídeo para que poidades ver as fotos do traballo que estades a facer na casa.

SEMANA 2: DÍA 5

Queridas familias;

 

Que vos parece se hoxe recordamos os proxectos en forma de adiviñas?

 

Proxecto do mar: https://www.youtube.com/watch?v=VIm6-yjxz1Q

Proxecto das mascotas: https://youtu.be/Cr_518Y8-cs

Neste caso tamén deberán identificar cales de estes animais son domésticos ou de granxa e cales son salvaxes. 

 

Tamén vos deixamos estas outras invitacións: un blog con actividades variadas para facer algunha que vos guste máis.

 

Proposta de xogo: tanto de movemento mediante diferentes xogos tradicionais, coma de calma con propostas de papiroflexia: http://xogos-tradicionais-corentena.weebly.com/xogos-para-estes-diacuteas.html

 

A proposta de conto de hoxe queríamos que fose unha homenaxe ao día da poesía, que foi o pasado 21 de marzo:

https://www.youtube.com/watch?v=qxQsKS-8raE

 

E non podían faltar as recomendacións que nos fai Mario, dos Amorodos, sobre a alimentación e que podemos aplicar nesas merendas saudables:

 

https://drive.google.com/file/d/13EkYZ5rl_FSvOHDJZ_KC82WBVeo4AVvc/view

SEMANA 2: DÍA 4

Estimadas familias, 

 

cremos que tedes xa demasiadas propostas de actividades no blog e moitas delas son para poder facelas en varios días, se vos apetece. Queremos transmitirvos a importancia de que vos tomedes con calma este tempo na casa e que para nada sintades que pretendemos que debedes substituir o noso traballo. Por sorte….ser mestras é moito máis que propor unha serie de actividades. Ser mestra implica, entre outras moitas cousas, estar presente no proceso de ensino-aprendizaxe e conseguir adaptalo ás circunstancias de cada neno e nena e a como está en cada momento. As actividades son solo un medio para conseguilo. 

 

É evidente que a escola é importante, é evidente que a aprendizaxe e o conseguir que cada neno e nena saquen o mellor de si é o obxectivo que nós temos cada día na escola. Cremos firmemente que a escola é un dos espazos máis importantes que temos na sociedade. Pero tamén cremos que, nestes momentos, o obxectivo fundamental é aprender a protexernos, coidarnos e a convivir nunhas circunstancias extremas e para as que ninguén nos preparou. As persoas adultas temos un reto importante agora por diante. E o máis importante é que aprendamos a pasar por isto da mellor forma posible. Temos claro que esa, xunto coa de aprender a gozar das cousas que realmente importan da vida, é a mellor aprendizaxe que podemos ofrecerlles aos nosos nenos e nenas. 

 

Á volta teremos tempo para traballar xuntos, para volver a poñer o currículo e a escola no seu lugar. Teremos tempo para volver a construír, convivir e aprender nese contexto. 

 

Por iso, queremos transmitirvos unha mensaxe de calma. Gozade todo o que poidades coas propostas que vos facemos, igual ca nós o facemos cando vemos as fotos que nos enviades con todas as actividades que vós estades inventado. 

 

Por iso hoxe só queremos compartir con vós algunhas desas fotos que nos mandáchedes dos Amorodos e Millos. 

 

Mañá, faremos máis propostas, pero sempre para que volas tomedes dende esta perspectiva e para seguir tendo unha conexión entre nós. Isto pasará e poderemos volver á rutina da vida real con todas as aprendizaxes que esta experiencia nos traia. 

 

Unha aperta enorme!

 

Día 3 . Semana 2.

Queridas familias,

 

hoxe queremos mostrarmos algunhas fotos das cousas que están facendo na casa Eric e Sabela dos Millos, con algún irmán que se apunta a colaborar :) : 








En relación ás actividades que colgamos no blog, lembrámosvos que son para que nos sintandes preto e para facervos suxestións por se vos apetece facer algunha ou vos dan ideas para outras, para nada pretenden substituír a actividade da aula. 

 

Hoxe compartimos con vós unha proposta que nos encanta que nos achega Diego Rincón. Unha vez máis, grazas ás mestras e mestres que adican horas a facer propostas de calidade para compartir desinteresadamente. 

 

https://youtu.be/j4Nk7NiLSCY

 

E, como proposta de conto

http://www.kalandraka.tv/gl/video/beaconta

 

Queremos indicarvos que na páxina principal da web do cole tedes un aviso para as familias con dificultades para unha alimentación saudable, xa que pode ser que teñades opcións dunha axuda a través de “Axuda en Acción”. Lembrade que, de ser o caso, debedes enviar un correo ao colexio ceip.sanpedro.visma@edu.xunta.es, non poñervos en contacto coa ONG. 










SEMANA 2: DÍA 2

Queridas familias;

Neste segundo día da segunda semana, queremos amosarvos unha nova proposta relacionándoa co proxecto que estabamos a traballar: 

 

1. REUNIÓN FAMILIAR OU MINIASEMBLEA.

Neste día, podemos recordar o proxecto que estamos a traballar… que igual o teñen algo esquecido:

Relacionado co proxecto do mar, deixámosvos un enlace no que poden visualizar diferentes animais mariños, algúns que xa investigamos e dos que nos trouxeron información os expertos e expertas e outros animais novos que pode ser que coñezan: 

https://www.youtube.com/watch?v=wAvGuJAAAM0  

Relacionado co proxecto das mascotas, queremos presentarvos esta entrada onde grandes artistas da música adicaron cancións ás súas mascotas. Podedes ir escoitando as diferentes cancións e ir léndolles aos nenos e nenas a historia de cada unha. Ademais...está “Laika” de Mecano que nos lembrará a cando a familia de Gabriel veu a facer o obradoiro sobre o Universo.,

https://www.efeeme.com/quince-canciones-dedicadas-a-mascotas-y-animales/

2. TEMPO DE RESPONSABILIDADES.

Seguro que algúns de vós estades aproveitando este tempo para a limpeza das fiestras, e máis con días coma o de hoxe. Lembrade que eles e elas nos poden axudar de bo grado.

 

3.  TEMPO DE TRABALLO EN CALMA.

Popoñemos diferentes actividades relacionadas con cada un dos proxectos pero sempre lembrando adaptar as ideas ao material que tedes na casa, só debemos saír por cousas necesarias e ademais é unha forma de fomentar a creatividade e solución de problemas nos nenos e nenas. Recordade que nolas podedes enviar ao correo para logo compartir.

Relacionadas co proxecto do mar: seguro que na casa tedes algunha cortiza ou algún material que flote e poden facer uns barquiños ben curiosos. Como suxestión, poden decorar a vela con un logo que os represente...

Se esta non é posible… estas son outras manualidades que lles poden apetecer: https://www.pequeocio.com/6-manualidades-infantiles-bajo-el-mar/

Relacionadas co proxecto das mascotas: propoñemos darlle uso aos rolos de papel hixiénico que ben seguro, tedes na casa. Aquí vai algunha idea, pero tamén son benvidos debuxos ou outro tipo de creacións artísticas propias ou que atopedes pola rede:

Lembrade que tamén valen animais de granxa, xa que ao montar o noso recanto da clínica veterinaira, descubrimos que os veterinarios e veterinarias tamén traballan nas granxas.

 

4.  TEMPO DE MOVEMENTO.

Como hoxe vos queríamos recordar material relacionado co proxecto, aí van propostas de cancións:

Relacionadas co proxecto do mar: https://www.youtube.com/watch?v=uTK_7MOFV4s e non podía faltar https://www.youtube.com/watch?v=XqZsoesa55w.

Relacionadas co proxecto das mascotas, presentamos o seguinte twist:https://youtu.be/gqpgZBtUt78

Podedes bailar co paso do twist dun lado para o outro e estar quietos nos tempos calmos da canción. A combinación movemento-repouso é un bo exercicio psicomotor. 

5. TEMPO DE MERENDA.

Coma sempre, recomendámosvos que sexa un tempo de compartir e con alimentos saudables. 

6. TEMPO DE CONTO.

Relacionadas co proxecto do mar: Un conto musicado que xa vimos na aula e que soe encantarlle ás crianzas de Infantil: https://www.youtube.com/watch?v=O6H1X3_mGec

Relacionadas co proxecto das mascotas: un clásico imprescindible: https://youtu.be/To0zYQUFkHQ

Aquí tedes tamén a canción: https://youtu.be/AY2K1A0Ln5k

7. TEMPO DE XOGO LIBRE.

Relacionadas co proxecto do mar: podémoslle propor xogar ás agochadas. Somos piratas na procura dos tesouros (un xoguete, algo de comer,... ou un zapato!)... onde estará agochado?  

Relacionadas co proxecto das mascotas: un xogo motor que facemos na aula e que lles encanta. Collémonos das man e abrimos a roda. Para abrir imos dicindo: “Fóra, fóra”. Para ir cara dentro, cada un de nós ten que dicir que somos e imos cerrando a roda imitando o movemento e o son. Neste caso...lembrádelles que só poden escoller animais domésticos ou de granxa!

SEMANA 2: DÍA 1

Queridas familias;

 Xa pasou unha semana e aquí imos a por outra, con novas propostas:

1. REUNIÓN FAMILIAR OU MINIASEMBLEA.

Neste día, queremos ensinarvos moitos dos debuxos e tarefas que fixeron os Amorodos e Millos:

 

2. TEMPO DE RESPONSABILIDADES.

Recordamos que este é un tempo para fomentar a súa autonomía, polo que as tarefas a realizar deben ser sinxelas e adecuadas para que as poidan facer con independencia. Tamén poden comezar a colaborar en tarefas máis complexas, como axudarvos a colgar a roupa, a poñer a lavadora ou a fregar algún cacharro, baixo a vosa supervisión. 

 

3.  e 4. TEMPO DE TRABALLO EN CALMA E DE XOGOS 

Nesta ocasión queremos compartir con vós un documento colaborativo realizado por María Fernández de Sanmamed e Cristina Méndez Arosa da Asociación Pedagóxica Mudare con diferentes propostas (manipulativas, de libre expresión,...), e sobre todo un enfoque para pasar estes días, que nos gusta moito! Grazas a todas esas mestras e mestres que están compartindo o seu traballo. 

http://mudare.org/wp-content/uploads/2020/03/para-ti.pdf

 

5. TEMPO DE MERENDA.

Coma sempre, recomendámosvos que sexa un tempo de compartir e con alimentos saudables. 

 

6. TEMPO DE CONTO.

A proposta de conto de hoxe é:

https://youtu.be/DHPTYRB-0WM

 

7. TEMPO DE XOGO LIBRE.

 Este pode ser un tempo para que xoguen sós ou vós con eles e elas. 

 

ANIVERSARIO MANU

HOXE ESTÁS DE ANIVERSARIO, MANU!!!! 

PARABÉNS!!!! 

 LEMBRA QUE TE QUEREMOS MOITO E QUE UNHA DAS PRIMERIAS COUSAS QUE IMOS FACER EN CANTO VOLTEMOS Á ESCOLA SERÁ FESTEXAR QUE XA TES 5 ANOS!!!!

PASA UN BO DÍA DE CELEBRACIÓN COA TÚA FAMILIA.

VÉMONOS PRONTO. 

BICOS ENORMES.

 

 

 

 

 

 

 

ANIVERSARIO IRENE

MOITOS PARABÉNS, IRENE! NESTES DÍAS TAN DIFERENTES NON QUERÍA DEIXAR PASAR ESTA DATA. XA QUEDA MENOS PARA PODER CELEBRALO XUNTIÑAS E XUNTIÑOS! UN BICO GRANDE

Día 3

Queridas familias;

 

Neste terceiro día, queremos informarvos de que os especialistas de Inglés e de Educación Física irán subindo, nas súas seccións do blogue, unhas recomendacións de actividades. A maiores, nós queremos facervos unha nova proposta:

1. REUNIÓN FAMILIAR OU MINIASEMBLEA.

Partindo da proposta de onte, queremos ensinarvos o debuxo que fixo Sabela, dos Millos: 

Ademais, deixámosvos unha das cancións habituais na asamblea:

https://youtu.be/hlPQjJB9B_Y

2. TEMPO DE RESPONSABILIDADES.

Recordamos que este é un tempo para fomentar a súa autonomía, polo que as tarefas a realizar deben ser sinxelas e adecuadas para que as poidan facer con independencia, algúns exemplos a maiores poden ser: poñer os cubertos para colocar a mesa.

3. TEMPO DE TRABALLO EN CALMA.

Un tempo para a concentración, a atención e o traballo en silencio. 

A proposta que vos facemos hoxe é a seguinte: Xa que temos varios días por diante nos que non deben acudir á rúa, podemos traer a rúa á casa. A idea é crear unha tenda na casa! Para isto, Só precisamos folletos que teñamos do super ou, se non tedes, podedes debuxar vós ou imprimirlles obxectos que poden colorear e recortar (tamén se pode facer con obxectos reais). 

Ademais, poden crear as moedas e billetes e incluso poñerlle prezo aos alimentos (1€, 2€ e 3€). Tamén podedes aproveitar para que escriban os nomes dos alimentos. Lembrade que o importante é a conciencia fonolóxica. Vós podedes ir dicíndolle o son das letras e que eles e elas vaian escribindo. Nestas idades, importa máis a correspondencia son-grafía que a calidade de grafía. Tamén poden usar selos de letras de estampar ou ordenar letras de madeira ou magnéticas,... ou o que teñades pola casa.

Dispoñémolos nunha superficie, como unha caixa de cartón, levamos moedeiros/bolsos e a xogar! Un exemplo:

Extraído de:

http://aprendiendoconjulia.com/2016/11/imprimible-ninos-jugar-las-tiendas-supermercados/

4. XOGOS EN MOVEMENTO.

O movemento nestas idades é fundamental para a aprendizaxe.

A proposta de hoxe é unha actividade de movemento a realizar nun espazo no que poidan desplazarse: https://www.youtube.com/watch?v=8wuxQI3MOmM

E unha proposta para a volta á calma, na que con ela podemos recordar algúns dos animais do mar e as súas características: https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY

5. TEMPO DE MERENDA.

Lembrade as indicacións sanitarias de tratar de manter unha alimentación saudable nestes días. Tamén pode ser un momento para asignar tarefas e responsabilidades aos máis pequenos: que sexan eles e elas quen laven a froita a consumir ou que sexan os que unten o queixo no pan,.... 

6. TEMPO DE CONTO.

A proposta de conto de hoxe é ´A mellor sopa do mundo´:

https://www.youtube.com/watch?v=qhaJBOWxURk

https://youtu.be/B3WSToSVhzo 

Outra idea pode ser que eles e elas creen o seu propio conto! 

7. TEMPO DE XOGO LIBRE.

 

Este pode ser un tempo para que xoguen sós ou vós con eles e elas. Recordade as posibilidades que poden ter unha caixa de cartón ou a roupa vella.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut