Skip to Content

4 anos

FELICIDADES OIHANE!!!

Hoxe Oihane cumpriu 5 anos!! Trouxo unha tarta moi rica e tamén chuches para tod@s. A tarta era tan grande  que poidemos compartila  cos compis da clase da profe Ana.

 

PARABÉNS OIHANE!!

TALLER MEDIO AMBIENTE

Hoxe tivemos un taller do programa "Vexo-vexo". Primeiramente vimos un video onde nos explicaban os animais e plantas que imos atopar na lagoa de Eirís. Logo, coloreamos unha lámina con algúns destes animais.

O venres, 15 de xuño, teremos a visita ao parque.

 

MERENDA CAMPESTRE

Hoxe, como facía tan bo día, decidimos merendar no campiño que hai detrás de infantil.

CEO AZUL

 

Realizamos o cadro de Kandinsky en láminas individuais. Coloreamos con ceras brandas e, logo, engadímoslle un fondo azul con  acuarela.

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

Hoxe, 15 de maio, celébrase o Día Internacional das Familias. Para conmemoralo, cada alumno/a  elaborou  un cadro onde está representada a súa familia. 

 

O ESQUELETO BAILÓN

 

Como estamos a estudar os ósos, no proxecto <O corpo>, fixemos un esqueleto.

REGAMOS AS LEITUGAS

O venres fomos á horta a regar as leitugas. Aproveitamos para darlle unha visita ás galiñas e cada un quixo darlle de comer unha folla de col.

 

SENTIDO DO TACTO

 

Xogamos a identificar os obxectos utilizando o sentido do tacto.

ESCOITAMOS O CORAZÓN

Hoxe Gael trouxo ao cole un aparato para escoitar os latexos do carazón. Conectámolo aos altofalantes e poidemos escoitar claramente os corazóns dos compis. Aproveitamos esta actividade para estudar a función do corazón e das veas.

 

 

               

PLANTAMOS LEITUGAS

Hoxe, aproveitando o bo tempo, fomos á horta a plantar leitugas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut