Skip to Content

4 anos

ENTROIDO

 

 

PLANTAMOS AMORODOS

PUNTOS

O seguinte paso no proxecto de Kandinsky é traballar o PUNTO. Realizamos  puntos mediante a técnica do puntillismo, utilizando rotuladores e estampando tapóns de cortiza.

 

TULIPÁNS

Xa naceron as plantas dos tulipáns!!!

 

COMPOSICIÓN CON FIGURAS XEOMÉTRICAS

Despois de facer figuras xeométricas na sala de usos múltiples, pasamos a realizar una composición individual no papel, ao estilo de Kandinsky, utilizando soamente círculos, triángulos, cadrados e rectángulos. Por último, coloreamos libremente o noso traballo.

 

PAISAXE

Os alumnos de 5º B tamén traballaron a paisaxe e fixeron paisaxes a lapis e tamén con acuarela.

 

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da Paz. Saíu ao patio todo o colexio para cantar e bailar unha canción de Mamá Cabra titulada "Baile da Paz".

 

 

PLANTAMOS BULBOS

Hoxe plantamos bulbos de tulipáns. Primeiro botámoslle area no fondo do recipiente, logo terra e, a continuación, dous bulbos. Finalmente, regamos. A intención é que cando chegue a primavera xa estean as plantas nacidas e podan levalas para casa. Os bulbos daban flores de diferentes cores, a ver de que cor lle sae a cada un...

 

ACTIVIDADES PARA A PAZ

Esta semana dedicámola a realizar manualidades para o día da Paz:

 

Comezamos cunhas coroas para poñer na cabeza ese día. 

 

 

 

 

 

Tamén fixemos pombas para adornar o corredor de Infantil.

 

 

 

 

 

E colaboramos no mural da Paz facendo macetas con flores.

 

KANDINSKY

No proxecto de arte sobre Kandisnsky comezamos pola súa faceta realista e aprendemos a facer paisaxes. Primeiro fixémolos a lapis e despois, cando xa coñecíamos os elementos da paisaxe, pintamos un fondo de acuarela e , logo, engadímoslle: sol, nubes, casas, árbores …

 

 

Kandinsky decatouse de que o que máis lle gustaba non era pintar paisaxes, senón  xuntar liñas, cores, e formas....

Para presentar a súa faceta abstracta fomos á sala de usos múltiples a formar figuras xeométricas no chan con material de psicomotricidade.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut