Skip to Content

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS - TRANSPORTE ESCOLAR

Estimadas familias,

Acabamos de publicar, no taboleiro do centro, as listaxes provisionais de alumnado admitido no servicio de transporte escolar para o curso 24-25. Por protección de datos non será facilitada ningunha información por teléfono.

O alumnado da ruta "Los Rosales" que solicitou autobús, foi admitido na súa totalidade. Na ruta "Ronda de Outeiro" tivemos que baremar polo que quedou xente en reserva (non aparecen no listado). Ao longo do curso seremos moi rigurosos coa asistencia e, de ser o caso, recurriremos á listaxe de reserva. Tal e como recollen as Instrucións: "a non utilización do servizo, sen causa xustificada, 5 días nun período de 30 dias naturais consecutivos" conlevará a perda de praza no servizo.

Se queredes renunciar, achegamos modelo de papel de renuncia á praza.


Por favor, verificade que a información da parada e ruta (mañá e/ou mediodía) está correcta.

AdxuntoTamaño
Papel RENUNCIA plaza AUTOBÚS.pdf239.88 KB


page | by Dr. Radut