Skip to Content

Horta

COMEZAMOS A TEMPADA DE HORTA.

O profe Xulio e nenos e nenas voluntarias de horta puxeron todo a punto para que o alumnado poida comezar a plantar no seus bancais. Desta volta o escollemos un producto que se bota no outono, os nabos.

 

 

 

CURSO 2017/2018: Voz Natura

Coma nos últimos tres cursos participamos na festa de Voz Natura coma remate dun dos proxectos realizados dentro do programa de actividades de medio ambiente que realizamos no colexio que non rematan aquí. Coa memoria de fin de curso xa se avanzan o que serán os proxecto do próximo curso. Continúan os anteriores e algo máis:

No próximo curso faremos unha aposta por mellorar a biodiversidade na nosa contorna.

CURSO 2017/2018: AS EXCURSIÓNS

As saídas e excursións para realizar actividades relacionadas co coñecemento, coidado e valoración do medio natural foron numerosas e nelas participaron todos os niveis do colexio: granxa-escolas, espazos naturais, centros de divulgación...

Nas imaxes saída á Estación de Tratamento de Auga Potable de A Telva (Cambre).

CURSO 2017/2018: A COLLEITA

Co fin de curso chega o momento de recoller os foitos da horta e do invernadoiro: leitugas, acelgas, allo-porro, amorodos.

CURSO 2017/18: VISITA DA FUNDACIÓN REPSOL E AYUDA EN ACCIÓN

AYUDA EN ACCIÓN e FUNDACIÓN REPSOL colaboran moi intensamente co noso colexio financiando moitas actividades de horta, merendas saudables, saídas, actividades fora do colexio, material, etc mediante a aportación económica da FUNDACIÓN REPSOL.

O día que nos visitaron foi unha xornada moi emotiva e poidemos mostrar os froitos da súa colaboración.

AS EXPERIENCIAS - OS EXPERIMENTOS

Demostra o camiño que seguen nas plantas os nutrientes e a auga

OS ECOVOLUNTARIOS

O traballo dos ecovoluntarios e grupos de alumnos de horta é indispensable para facer un colexio que colabora para conseguir un mundo sostible e de hábitos saudables.

CURSO 2017/18: O GALIÑEIRO

Co traballo de moitos voluntarios nos recreos, reforzamos o galiñeiro para que ningún animal nos comese as galiñas. Trouxemos media ducia e, cos nosos cuidados, volvemos a ter ovos dunhas galiñas que teñen o agarimo e coidado dos máis de trescentos alumnos do cole .

ç

CURSO 2017/18: A COLLEITA NO INVERNADOIRO

 

CURSO 2017/18: O INVERNADOIRO

O invernadoiro, grazas aos traballos dos grupos de voluntarios nos recreos, está en plena produción.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut