Skip to Content

Horta

O REPOLO

PLANTAMOS REPOLOS

PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA SPV

Nais, pais, avoas, avós, profesoras, profesores, nenas e nenos poñemos ilusión e esforzo para ter unha fantástica horta escolar e xardín de plantas aromáticas.

O sentimento de estar en comunidade recompensa o traballo realizado e promete moi bos froitos. E por riba, o tempo acompañou cunha magnífica tarde de sol.

PLANTANDO REPOLOS

Comezamos as plantacións da nosa horta con repolos.

Os máis pequenos de infantil son axudados polos maiores de primaria.

 

Alumnos de 6º visitan a exposición.

Despois de ver un video de concienciación sobre o cambio climático, os alumnos maiores do noso colexio visitan a exposición mostrando un gran interés pola mesma. Agora toca facer pequenos xestos para mudar a situación. Actúa local ( aquí e agora) para un beneficio global.

EXPOSICIÓN : Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción

Dende o luns, 18 de setembro, e por tres semanas, pódese visitar no colexio a exposición

itinerante cedida polo CEIDA:

Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.

Un tema de moita actualidade e que nos serve para inciar as actividades de medio ambiente

deste curso, nas que estamos todos os membros da comunidade educativa San Pedro de Visma,

convidados a participar.

Para máis información, visitar a páxina :

http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/cambio-climatico-o-noso-mundo-o-noso-futuro-a-nosa-opcion

INAUGURACIÓN DO GALIÑEIRO ESCOLAR

O PASADO VENRES FOI INAUGURADO O GALIÑEIRO DO COLEXIO...COAS NOVAS CONVIDADAS NESTE NOVO PROXECTO.

Obradoiro Medio Ambiente

OBRADOIRO MEDIO AMBIENTE

Unha boa tarde de colaboración que esperamos sexa o inicio doutras moitas.

Fotos cedidas por Pilar Camacho, Pili Díaz e Mónica Souto.

PROXECTO VOZ NATURA 2016-17

PLANTAMOS LEITUGAS

 

Despois de un duro traballo para levar adiante as nosas leitugas: sementalas, escollelas... Conseguimos plantalas na horta do centro. Unha lección de supervivencia que os nosos alumnos e alumnas disfrutaron.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut