Skip to Content

2º Primaria

RECICLAR, RECICLAR E RECICLAR!!

Os nenos e nenas de Valores sociais e cívicos de 2ºA fixeron este rap para concienciarnos  da importancia  da reciclaxe e de manter a nosa contorna limpa.

Eles e elas o saben moi ben, só temos un planeta e temos a obriga de coidalo.

Bo traballo nenos e nenas!!! 

 

OBXECTIVOS MINIMOS 2º CURSO

 

OBXECTIVOS MÍNIMOS MATEMÁTICAS

 

 

  • Conta, le e escribe números ata o 999.

  • Relaciona correctamente número e cantidade.

  • Representa e descompón os números identificando as unidades e decenas e centenas.

  • Coñece o valor de posición de cada díxito.

  • Compara cantidades empregando os signos de <, >,=.

  • Emprega relación de orde: recoñece o número anterior e posterior a un dado.

  • Discrimina os ordinais e utilízaos de forma axeitada.

  • Establece relacións básicas entre os cartos e o seu valor.

  • Realiza sumas e restas máis complexas.

  • Utiliza as operacións axeitadas na resolución de problemas matemáticos.

  • Emprega as operacións na vida cotiá, utilizando o cálculo mental básico.

  • Utiliza unidades de medida: lonxitude, tempo, capacidade, ... de maneira axeitada.

  • Recoñece corpos xeométricos e relacionaos cos obxectos da vida cotiá.

OBXECTIVOS MÍNIMOS LENGUA CASTELLANA

 

 

  • Iníciase na lectura comprensiva de palabras, oracións e textos sinxelos. Copia textos e frases sinxelas sen erros.

  • Produce textos sinxelos.

  • Coñece e aplica as principais regras de ortografía.

  • Coida a presentación, orde e limpeza.

  • Mantén a atención nas expresións orais.

  • Capta a información principal de textos orais e escritos.

  • Exprésase con soltura axeitada a súa idade.

  • Le en voz alta usando a entonación axeitada, respetando o ritmo e as pausas

  • Realiza dictados de frases curtas e textos sinxelos

  • Utiliza unha caligrafía correcta e lexible.

  • Mostra un vocabulario variado.

  • Participa en situacións de comunicación e respecta as normas básicas.

  • Memoriza e reproduce textos sinxelos.

 OBXECTIVOS MÍNIMOS LINGUA GALEGA

 

  • Realiza lectura comprensiva de textos sinxelos.

  • Manifesta actituxdes positivas cara á lectura.

  • Copia textos e frases sinxelas sen erros.

  • Iníciase en produccións escritas sinxelas.

  • Coñece e aplica as principais regras de ortografía.

  • Coida a presentación, orde e limpeza.

  • Mantén a atención nas expresións orais.

  • Capta a información principal de textos orais e escritos.

  • Amosa interese por expresarse con soltura axeitada a súa idade.

  • Le en voz alta usando a entonación axeitada, respetando o ritmo e as pausas

  • Realiza dictados de frases curtas e textos sinxelos

  • Utiliza unha caligrafía correcta e lexible.

  • Coñece o vocabulario básico.

  • Participa en situacións de comunicación e respecta as normas básicas.

  • Memoriza e reproduce textos sinxelos.

Resumo 1º trimestre

Estimadas familias:

Ao longo deste primeiro trimestre insistiremos na procura dun axeitado hábito de traballo e unha actitude positiva para acadar un bo crecemento persoal e académico.

En naturais enriquecerán o vocabulario básico aprendendo de forma moi sinxela, a nomear, localizar e escribir algunhas partes que forman o corpo humano e apreciar a utilidade que estas teñen. Os sentidos. Coñecerán os hábitos saudables e a dieta máis equilibrada para ter unha boa saúde.

En sociais, traballaremos como o paso do tempo leva a cambios nas persoas (idades), aprenderán a nomear e a escribir: os días da semana, os meses e as estacións do ano facendo especial fincapé sobre o momento que están a vivir e as tradicións culturais da zona ( o magosto, o Samaín…)

En matemáticas, operarán con sumas levando e sen levar ata a centena e restas ata a decena (Cálculo). Resolverán problemas cunha soa operación. (Resolución de problemas lóxicos). Ler, escribir, ordenar e localizar nunha recta os números ata 499, coñecer o anterior e posterior dun número, relacionar número-cantidade descompoñendo un número de varias maneiras diferentes: unidades, decenas e centenas( Numeración).

En lingua castelá, traballarán a mecánica e a comprensión lectora, a ortografía (palabras con c/z; j/g, uso da maiúscula), en gramática (coñecerán o abecedario, o xénero e número do nome e o tipo común e propio). Construirán frases sinxelas co vocabulario traballado.

En lingua, a mecánica e a comprensión lectora, a ortografía (palabras con c/z; o gue, o uso da maiúscula), en gramática (coñecerán o abecedario, o xénero e número do nome e o tipo común e propio). Construirán frases sinxelas co vocabulario traballado.

En valores, traballaremos os sentimentos e as emocións.

Un saúdo!


5 AL DÍA. FRUTAS Y VERDURAS

Postres nutritivos e creativos

Non sabíamos que tiñamos un chef na nosa clase!!!

Non me digades que estes postres que elaborou Alberte non son unha verdadeira obra de arte... Animádevos a probar algunha destas ideas que nos deixa o noso compañeiro.

Felicidades Alberte

                                              

                                                         

 

                                              

 

Enquisa da Bilbio

Como cada fin de curso toca avaliación. Á biblio tamén lle toca e para iso precisamos da vosa axuda. Queremos que a nosa biblio se achegue ás vosas expectativas e convertila nun lugar ao que todos queirades voltar, axúdasnos?

Só tedes que cubrir unha enquisa de un minuto entrando neste enlace  https://sanpedrovisma.blogspot.com/

Moitas grazas

Dictado debuxado 2ºB

A semana pasada, durante as videoconferencias fixemos unha actividade que facíamos ás veces na clase, un dictado debuxado. É unha actividade moi interesante, xa que se traballa moito a atención e a creatividade.

Aquí volos deixo

                                                                 

 

                                                                  

       

 

Cómics de 2ºB

Qué chulos quedaron os cómics de 2º B!!!

Vanvos facer rir un bo cacho!!AnoxadoAnoxado

 

 

 

 

                                                 

                                                     

                                                 

Lecturas comprensivas

Hola

Os dejo unas lecturas comprensivas. Lo ideal sería alternarlo con el libro de gallego. De tal manera que un día hacemos una lectura comprensiva de las que os dejo en el archivo adjunto y al día siguiente hacemos el libro de gallego.

Me podeis enviar alguna si quereis que vea lo bien que lo estáis haciendo a mi correo patriciaprado@edu.xunta.es.

 

 

Reto semanal

Esta semana os propongo que pongais diálogo a estas viñetas para crear vuestra propia historia.

Cuando la tengais enviádlas a mi correo patriciaprado@edu.xunta.es y colgaremos vuestros comics aquí para que podais leerlos.

Ya vereis que  aunque sean las mismas escenas, no habrá dos historias iguales.

Ánimo

Patri

Distribuir contido


by Dr. Radut