Skip to Content

OBXECTIVOS MINIMOS 2º CURSO

 

OBXECTIVOS MÍNIMOS MATEMÁTICAS

 

 

  • Conta, le e escribe números ata o 999.

  • Relaciona correctamente número e cantidade.

  • Representa e descompón os números identificando as unidades e decenas e centenas.

  • Coñece o valor de posición de cada díxito.

  • Compara cantidades empregando os signos de <, >,=.

  • Emprega relación de orde: recoñece o número anterior e posterior a un dado.

  • Discrimina os ordinais e utilízaos de forma axeitada.

  • Establece relacións básicas entre os cartos e o seu valor.

  • Realiza sumas e restas máis complexas.

  • Utiliza as operacións axeitadas na resolución de problemas matemáticos.

  • Emprega as operacións na vida cotiá, utilizando o cálculo mental básico.

  • Utiliza unidades de medida: lonxitude, tempo, capacidade, ... de maneira axeitada.

  • Recoñece corpos xeométricos e relacionaos cos obxectos da vida cotiá.

OBXECTIVOS MÍNIMOS LENGUA CASTELLANA

 

 

  • Iníciase na lectura comprensiva de palabras, oracións e textos sinxelos. Copia textos e frases sinxelas sen erros.

  • Produce textos sinxelos.

  • Coñece e aplica as principais regras de ortografía.

  • Coida a presentación, orde e limpeza.

  • Mantén a atención nas expresións orais.

  • Capta a información principal de textos orais e escritos.

  • Exprésase con soltura axeitada a súa idade.

  • Le en voz alta usando a entonación axeitada, respetando o ritmo e as pausas

  • Realiza dictados de frases curtas e textos sinxelos

  • Utiliza unha caligrafía correcta e lexible.

  • Mostra un vocabulario variado.

  • Participa en situacións de comunicación e respecta as normas básicas.

  • Memoriza e reproduce textos sinxelos.

 OBXECTIVOS MÍNIMOS LINGUA GALEGA

 

  • Realiza lectura comprensiva de textos sinxelos.

  • Manifesta actituxdes positivas cara á lectura.

  • Copia textos e frases sinxelas sen erros.

  • Iníciase en produccións escritas sinxelas.

  • Coñece e aplica as principais regras de ortografía.

  • Coida a presentación, orde e limpeza.

  • Mantén a atención nas expresións orais.

  • Capta a información principal de textos orais e escritos.

  • Amosa interese por expresarse con soltura axeitada a súa idade.

  • Le en voz alta usando a entonación axeitada, respetando o ritmo e as pausas

  • Realiza dictados de frases curtas e textos sinxelos

  • Utiliza unha caligrafía correcta e lexible.

  • Coñece o vocabulario básico.

  • Participa en situacións de comunicación e respecta as normas básicas.

  • Memoriza e reproduce textos sinxelos.



blog | by Dr. Radut