Skip to Content

Blogues

CONSELLO ESCOLAR: RENOVACIÓN PARCIAL DO SECTOR DE NAIS, PAIS E TITORES DO ALUMNADO.

Segundo a Resolución do 10 de setembro de 2024, da Consellería de Educación, neste curso 2024-25 debe ralizarse a renovación parcial do sector de nais, pais e titores/as legais do alumnado do Consello Escolar do centro.

Compre destacar os seguintes aspectos recollidos na mencionada Resolución:

  1. Corresponde a renovación de 3 membro (1 pode ser proposto pola ANPA) do sector dos 5 que o compoñen
  2. Poderán prentar a súa candidatura todos o pais, nais, titores e titoras do alumnado que realicen a solicitude a través do modelo oficial dispoñible na secretaría do centro ou descargala premendo AQUÍ
  3. A presentación de candidaturas farase na secretaría do centro ata o 6 de novembro ás 14:00 horas.
  4. Poderán participar na votación as nais/pais ou titores/as con alumnado matriculado no centro e incluídas no censo que estará dispoñible desde o 30 de outubro no taboleiro de anuncios.
  5. As votacións terán lugar o día 18 de novembro no colexio entre as 16:45 e as 19:00 horas.
  6. O 11 de novembro ás 11:30 terá lugar o sorteo público para designación dos membros da mesa electoral entre as persoas incluídas no censo e que non presentaran a súa candidatura.

Podes consultar esta información de xeito ampliado premendo en CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS 

 

Cales son a funcións máis importantes do Consello Escolar?

Podes coñecer todas as súas funcións premendo AQUÍ.

 

Por que é importante a participación no Consello Escolar do centro?

O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do colexio e nel están representadas as familias, o Concello, o persoal de servizos do centro e o profesorado.

O Consello Escolar é o lugar no que todas as persoas que compoñemos esta comunidade educativa podemos expresarnos, debater e tomar decisións que marcarán o hoxe e o mañá do colexio, é dicir, o dos nosos nenos e nenas. 

A participación  de todos e todas é fundamental para seguir facendo do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma un lugar de encontro, crecemento e aprendizaxe, polo que desde o centro animámosvos a presentar a vosa candidatura.

  

SAMAÍN

Foi unha semana divertida e terrorífica. Contos, cabazas, morcegos... estivemos con nos esta semana de Samaín.

Preme na imaxe para ver o que aconteceu.

DÍAS NON LECTIVOS DO CENTRO

Segundo se recolle na ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, os días non lectivos aprobados polo centro son os seguintes:

  • Luns 4 de novembro de 2024 (confirmado pola administración educativa)
  • Venres 2 de maio de 2025 (pendente de confirmación por parte da administración educativa).

Aproveitamos para lembrar que o día  de 31 de outubro foi elexido como "Día do ensino" pola Consellería de Educación, polo que é día non lectivo.

Consulta calendario escolar actualizado premendo AQUÍ

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESOLAR: SORTEO XUNTA ELECTORAL

De acordo co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, proximamente realizarase neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o órgano de participación de todos os sectores da comunidade educativa na vida do Colexio.

A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que será constituída para tal efecto e estará integrada por: a directora, un/ha profesor/a, un/ha representante das nais, pais ou titores/as legais, e un/ha representante do PAS. Estes tres últimos serán designados por sorteo, conforme ao establecido no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado segundo a disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

O sorteo público público, no que tamén se designarán membros suplentes, terá lugar o mércores 16 de outubro, ás 11:30 horas, na sala do profesorado.

Para acceder á circular informativa do sorteo, preme AQUÍ.

 

PERIODO DE ADAPTACIÓN DE 4ª EI

INFORMACIÓN BÁSICA DE INICIO DE CURSO 2024-25

Estimadas familias,

Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos darvos a benvida a este novo curso que comezará o mércores 11 de setembro.

Nas seguintes ligazón podedes consultar información básica de funcionamento que espramos vos sexa de utilidade.

INFORMACIÓN DE INICIO DE CURSO

CALENDARIO ESCOLAR

 

XUNTANZAS DE INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut