Desde o 1 ata o 20 de marzo, ambos incluídos, estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión no noso centro para o curso 2024/25.
Que documentación hai que presentar?
- Modelo de solicitude debidamente cuberto (ED550B).
- Copia do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a (DNI, partida de nacemento, padrón municipal…).
- No caso de optar a un curso de primaria, deberase achegar a certificación de matrícula do centro de procedencia (certificado oficial do expediente académico).
- En caso de separación xudicial ou divorcio, presentarase unha copia do convenio regulador ou da resolución xudicial.
Como se pode presentar a solicitude?
- Na secretaría do propio centro no seguinte horario:
- De luns a venres de 09:00 a 09:50 horas.
- Xoves de 10:40 a 11:30 e de 13:10 a 13:50.
- De xeito telemático, na aplicación “Admisión do alumnado”. É imprescindible contar con certificado dixital ou a chave 365.
No caso de optar pola presentación na secretaría do centro pódese obter o modelo de solicitude dos seguintes xeitos.
Criterio complementario do centro en caso de baremación aprobado en Consello Escolar.
Poñer como primeira petición un centro público.
VACANTES PARA O CURSO 2024/25
|
CURSO
|
VACANTES TOTAIS DISPOÑIBLES
|
4º DE INFANTIL
|
40*
|
5º DE INFANTIL
|
10
|
6º DE INFANTIL
|
0
|
1º DE PRIMARIA
|
0
|
2º DE PRIMARIA
|
0
|
3º DE PRIMARIA
|
0
|
4º DE PRIMARIA
|
0
|
5º DE PRIMARIA
|
0
|
6º DE PRIMARIA
|
0
|
* 6 destas prazas están disposición da comisión de escolarización para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15).
Resumo do calendario do proceso de matrícula.
Do 1 ó 20 de marzo de 2024 |
Presentación de solicitudes |
Do 22 de marzo ó 8 de abril |
Presentación da documentación acreditativa en caso de ser necesaria a baremación. |
O 25 de abril |
Publicación no centro da listaxe provisional de admitidos/as e non admitidos/as |
5 días hábiles posteriores á publicación de admitidos/as. |
Reclamacións perante ao Consello Escolar contra a listaxe provisional de admitidos e admitidas. |
Antes do 15 de maio |
Publicación no centro das listaxes definitivas de admitido/as e non admitidos/as
|
Do 20 ao 30 de xuño |
Formalización da matrícula |