Skip to Content

Blogues

Sara exemplo de RESILIENCIA

SAMAÍN 5º

Buscando Museos

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2024/25

As programacións didácticas están dispoñibles premendo AQUÍ

 

ARRINCAMOS CON PDI

No San Pedro de Visma celebramos o Día das bibliotecas presentándolle ao alumnado o PDI deste curso, "Os estilos artísticos".

Aí tendes o video que puxemos hoxe na biblioteca para todo o alumnado.

 

DOAZÓN AO GRUPO HÁBITAT

O alumnado de 6ºB de Primaria fíxolle entrega no día de onte ao grupo naturalista Hábítat a doazón dunha parte do recaudado en maio no Proxecto Semente.

AVISO: DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias,

O vindeiro venres 13 de outubro foi aprobado como día non lectivo do centro segundo o establecido na Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, polo que non haberá clase.

MUSEOS DO MUNDO

Xa temos todo preparado para arrincar a nosa viaxe polo mundo para coñecer os seus principais museos.

A viaxe vainos levas a sitios tan lonxe como Rusia, Venezuela... e tan preto como o museo de Velas Artes de A Coruña.

Ao longo do curso teredes que percorrer os quilómetros entre  os museos e para iso, todo os días sairedes a camiñar ou correr polo percorrido de 500 metros que temos no colexio.

En cada clase teredes un calendario cos museos e as datas nas que temos que facer os quilómetros e unha folla na que anotar as voltas que vamos dando.

Se premes na imaxe podes ir vendo a grande viaxe que nos agarda.

Distribuir contido


by Dr. Radut