Skip to Content

4 anos

BAILE 4 ANOS NA GRADUACIÓN

VIDEO BAILE 5º INFANTIL

 

FELICIDADES ANTÍA, SARELA E JULI !!!

Hoxe, último día do curso, celebramos o aniversario de Sarela, Antía e Juli. Trouxeron unha tarta de galletas e compartímola cos nosos compis da clase  de Dulia. Como podedes ver na foto, non quedou nin un anaquiño para as mestras...

DESPEDIDA DE DULIA

Onte Dulia despediuse de todos nós. Trouxo unha merendola e invitou ás dúas clases. Logo, os seus nenos/as regaláronlle un caderno con debuxos  e fotografías para que Dulia nunca se esqueza deles. Tamén unha taza para que cando tome o leite nela se lembre dos seus alumnos/as do San Pedro


 

Dulia querémoste!!!

Ímoste botar moito en falla...ChoraChoraChora

TOMAMOS ENSALADA

O venres, coas leitugas da horta, fixemos unha ensalada. Pero era unha ensalada "personalizada", tipo bufete. Había para acompañar a leituga: atún, ovo cocido, xamón cocido, olivas, millo, chícharos, mazá. Cada un escollía o que lle gustaba.

CASTIÑEIROS

Onte levamos os castiñeiros para casa para coidalos no verán.

 

 

 

TRABALLAMOS A MOTRICIDADE

 Iniciámonos no bucle e a espiral utilizando diferentes técnicas e materiais.

 

Recollemos os chícharos

 

Aniversario Ayla

Celebramos o aniversario Ayla, outra nena máis con cinco anos!! foi un día moi divertido, cantamos cancións para felicitarlle o aniversario. Comimos unha tarta de queixo que estaba moi rica e que compartimos con outras aulas de infantil. Canso

 

O ARCO DA VELLA

Distribuir contido


by Dr. Radut