Skip to Content

4 anos

MURAL FROITOS DO OUTONO

Xa rematamos o mural dos froitos do outono !!!

MURAL VENDIMA

O equipo de infantil elaborou un mural da vendima a petición dos equipos de Normalización e Extraescolares.

 

 

Á clase de María tocoulle representar o texto:

                          Chegou o verán e a froita asoma

                          da parra saen acios e uvas novas

 

 

A clase de Mila representou o texto:

 

                           Co soliño e a calor

                           a uva madurou

                           de pequena a grande pasou

                           e de verde a morada coloreou.

 

ARAÑAS DIVERTIDAS

Coas cáscaras das noces que comemos fixemos unhas arañas moi divertidas. 

 

 

 

 

Tamén rematamos o mural do Samaín- Halloween.

 

DECORAMOS UNHA CABAZA

A mamá de Antía (Verónica) tróuxonos dúas cabazas enormes e decidimos decorar unha. Baleirámola e fixémoslle ollos, naris e unha boca con un dente. Despois coloreamos unhas caretas de cabaza, cada cal máis orixinal, que levamos hoxe para casa.

MONSTROS MONSTRUOOOOSOS!!

Para celebrar o Samaín - Halloween fixemos uns monstros moi simpáticos, que levaron hoxe para casa.

 

Felicidades Yeravia!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Yeravia, aínda que cumpre os anos mañá. O seu papá trouxo un biscoito moi rico bañado en chocolate. Comémolo case todo e aos compis da clase de María tocoulles moi pouco...

 

Recollemos castañas

Para probar as castañas fomos buscalas ao noso castiñeiro, que temos no patio de atrás. Collemos ourizos e unhas pouquiñas castañas, porque os maiores apáñanas todas. Menos mal que as familias nos mandaran unhas poucas!!

 

 

 

PROXECTO OUTONO

Este mes de outubro comezamos co proxecto do outono. Aproveitando a vendima, empezamos polas uvas pero xa levamos probado unas poucas froitas máis:  noces, caquis, marmelo, figos… Hoxe tomamos a granada e as castañas. Ademais  coloreamos cada froito  e escribimos o seu nome. 

SAÍDA AO TEATRO

Hoxe fomos en autobús ata o Fórum Metropolitano. Representaban a obra de  teatro "Feo", do grupo Caramuxo. Unha comedia infantil, creada a partir do Parrulo Feo de Andersen. Aos alumnos gustoulle moito.

FELIZ DÍA ALBA!!

Hoxe Alba cumpriu 4 anos. Trouxo un biscoito de chocolate moi rico que compartimos coa aula de María.

Distribuir contido


by Dr. Radut