Skip to Content

4 anos

ANIVERSARIO MARTINA

 

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE MARTINA, PASÁMOLO MOI BEN E FOI UN DÍA MOI ESPECIAL, XA QUE É A NOSA PRIMEIRA AMIGA EN CUMPLIR OS CINCO ANOS, TODO UN ACONTECEMENTO!!

MARTINA TROIXO UN BISCOITO QUE ESTABA MOI RICO E QUE COMPARTIMOS COS NOSOS COMPAÑEIROS DA AULA DE MILA. Canso

XA NACERON OS CASTIÑEIROS!!!

Cando volvemos do Nadal, atopámonos con unha grande sorpresa.... Naceran  un montón de castiñeiros das castañas que plantamos!!!

 

 

FELICIDADES NOA!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Noa, aínda que cumpre os anos o 19. Tomamos un biscoito moi rico que compartimos cos nosos compis do lado. Como Ana chegou  cando xa estábamos rematando, Noa quixo sacar unha foto con ela que, por certo, está moi guapa coas gafas novas.

 

 

ANIVERSARIO DAVID

HOXE CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE DAVID, PASÁMOLO XENIAL!!

OS SEUS AVÓS VIÑERON AO COLE TRAERNOS UN BISCOITO QUE ESTABA RIQUÍSIMO E QUE COMPARTIMOS COS NENOS E COAS NENAS DAS OUTRAS CLASES.

ADEMAIS CANDO ESTÁBAMOS CANTÁNDOLLE OS PARABÉNS TIVEMOS UNHA VISITA SORPRESA QUE NOS FIXO MOOOOOITA ILUSIÓN...RisaRisa

 

Aniversario de Izan

XA FAI UNS DÍAS CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE IZAN.

FOI UN DÍA DE MOITA LEDICIA; NO QUE ATA ALGÚNS NENOS DA CLASE DE MILA LLE FIXERON DEBUXOS COMO REGALO DE FELICITACIÓN.

FIXEMOS UNHA GRAN FESTA E COMIMOS UN RICO BISCOITO DO QUE NON DEIXAMOS NIN UN CHISCO, ESTABA RIQUÍSIMO!!!!!

FELIZ DÍA AARÓN

Onte Aarón cumpriu 4 anos!!! Celebrámolo tomando un biscoito moi rico que trouxo a súa nai.

 

CONTACONTOS

Hoxe os alumnos/as universitarios de Ciencias da Educación viñeron a contarnos un conto. Era unha adaptación moi orixinal do Frautista de Hamelin.

 

 

 

  

 

FELIZ ANIVERSARIO NAIARA!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Naiara. Trouxo un biscoito de chocolate en forma de corazón e, segundo Naiara, colaborou  na decoración. O biscoito estaba moi rico e todos repetiron, polo que as merendas non se probaron.

 

PLANTAMOS BULBOS

O venres fomos á horta a plantar bulbos de tulipáns e xacintos.

 

PLANTAMOS CASTAÑAS

Hoxe plantamos castañas en tarros feitos con  botellas de plástico. Cada neno/a ten o seu tarro e ímolos coidar na aula (no recuncho das plantas) para que nazan  plantas e se convirtan nun castiñeiro co tempo, como o que temos no patio que, segundo Antía, plantouno o seu pai cando estudaba neste cole.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut