Skip to Content

4 anos

VISITA AO ÁGORA

Hai unhas semanas recibimos un paquete cunha pouca la e unha postal da ovella Tecelá. Esta estaba moi triste porque lle ían cortar a la e pedíanos axuda para que fósemos ao Ágora a investigar que ían facer con ela. Despois de moito investigar … vimos que Tecelá non tiña que preocuparse porque non doe nada que che corten a la e, ademais, con ela pódense facer moitas prendas: xerseis, chaquetas, gorros, bufandas …

As bibliotecarias tamén nos ensinaron a diferenciar un libro de ficción dun libro informativo, contáronnos varios contos  e, por último, deixáronnos mirar os libros da biblioteca.

 

EL EFECTO ARCOS IRIS

 

Sacamos esta foto á saída do concerto, xunto a "catarata", como lle chamaban os nenos/as.

MANOLA

 

 

Unha das cancións que imos a aprender neste proxecto é esta, titulada "Manola" de María Fumaça.

PROXECTO MAR

NAS AULAS DE CATRO ANOS XA INICIAMOS O PROXECTO DO FONDO DO MAR. ESTAMOS TODOS MOI MOTIVADOS E PREPARADOS PARA EMPEZAR A APRENDER MOITAS COUSAS. GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR TANTO MATERIAL QUE ESTADES TRAENDO DAS CASAS.

ESTA SEMANA FIXEMOS UNS POLBIÑOS PARA LEVAR A CASA CON MATERIAL DE REFUGALLO, QUEDARON MOI BONITOS.

 

NACERON OS XACINTOS!!!

 

Naceron as primeiras flores dos bulbos que plantáramos no mes de novembro. Son xacintos. Aos tulipáns aínda lles falta un pouquiño.

FACEMOS ARTE

NAS AULAS DE CATRO ANOS TAMÉN FACEMOS OBRAS DE ARTE. O RESULTADO É FERMOSO PERO O MELLOR DE TODO FOI O PROCESO DE ELABORACIÓN, REALMENTE PASÁMOLO MOI BEN, PRIMEIRO DEBUXANDO CO NOSO PROPIO CORPO E DESPOIS ELIXINDO A COR QUE MÁIS NOS GUSTABA. FOI MOI DIVERTIDO.

NOVO PROXECTO

Xa comezamos o proxecto sobre os peixes e outros animais mariños. Recibimos unha carta do tiburón Gastón, que vive no acuario, invitándonos a visitalo e, ademais, pediunos que investigáramos algunhas cousas dos peixes:

 

PLANTAS

Os nosos castiñeiros medraron moitísimo. Mirade que bonitos están!

 

Somos panadeiros

Este curso, no Entroido,  representamos a Idade Media. Os de 5º de infantil formamos o gremio dos Panadeiros. O venres, antes do desfile, cociñamos galletas, das que levamos unha proba para casa. Despois, fomos merendar as filloas, orellas e rosquillas que trouxemos da casa.

 

ARTE COS BLOQUES LÓXICOS

Intentamos facer arte coas figuras xeométricas, para iso démoslle a cada neno (de maneira individual) unha caixa de bloques lóxicos e unha cartolina negra, dixémoslle que crearan unha composición e lle puxesen un título á súa obra. Estes son os resultados: 

Distribuir contido


by Dr. Radut