Skip to Content

VISITA AO ÁGORA

Hai unhas semanas recibimos un paquete cunha pouca la e unha postal da ovella Tecelá. Esta estaba moi triste porque lle ían cortar a la e pedíanos axuda para que fósemos ao Ágora a investigar que ían facer con ela. Despois de moito investigar … vimos que Tecelá non tiña que preocuparse porque non doe nada que che corten a la e, ademais, con ela pódense facer moitas prendas: xerseis, chaquetas, gorros, bufandas …

As bibliotecarias tamén nos ensinaron a diferenciar un libro de ficción dun libro informativo, contáronnos varios contos  e, por último, deixáronnos mirar os libros da biblioteca.

 



page | by Dr. Radut