Skip to Content

4 anos

DÍA DA FAMILIA

O 25 de maio celébrase o Día Internacional da Familia. Nós quixemos conmemoralo cunha actividade plástica para regalarlle ás familias. Fixemos un marco cunha bandexa de porexpan á que lle pegamos papeliños de seda. Mirade que ben nos quedaron!!!

 

Tamén decoramos as bosas de regalos e escribimos unha tarxeta de felicitación.

 

 

 

 

 

Merenda no patio

Hoxe aproveitamos o bo tempo para saír ao patio a merendar. Foi moi divertido e, ao acabar, xogamos todos xuntos a difentes xogos.

VISITA AO ACUARIO

Como remate do proxecto do mar fomos ao Aquarium Finisterrae.

O FONDO DO MAR

 

 

 

 

PEIXES CREATIVOS

No corredor de infantil fixemos un fondo mariño, nel aparecen uns peixes moi orixinais...

VISITA AO CASTELO DE SAN ANTÓN

 

O xoves 7 de abril visitamos o museo arqueolóxico, situado no castelo de San Antón. Alí ensináronnos todas as súas dependencias. Cando voltamos para a escola e, ao preguntarlle que foi o que máis lle gustou, case todos nomearon: os cañóns, o barco celta, o cárcere e, como non, o esqueleto.

FELIZ DÍA ALMA!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Alma, cumpre 5 anos o domingo. A súa nai trouxo dous biscoitos, un con forma de corazón. Estaba moi rico pero só poidemos acabar un, así que, o outro levámosllo aos nosos compis de clase de Dulia, e non deixaron nin as frangullas...

 


DECORAMOS AS AULAS

Ambientamos as aulas con decorados relacionados co mar. As ventás son acuarios. A porta da aula de Dulia é unha gran balea onde aparecen os alumnos/as dentro da súa boca. A porta da aula de Mila é un fondo mariño onde un submarino leva aos alumnos.

FELICIDADES LEO!!!

Leo é o maior da clase!!  O 24 cumpre 5 anos pero como estamos de vacacións celebrámolo o venres. A súa nai trouxo un biscoito de chocolate moi rico e todos repetimos, polo que as merendas non se probaron.

XA TEMOS TULIPÁNS!!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut