Skip to Content

4 anos

DÍA 4 SEMANA 2 - DÍA DO LIBRO

 

Bo día, familias!

 

E chegou o día 23, e con el a celebración do Día do Libro. Na web atoparedes os vídeos coa participación das crianzas de todo o colexio: https://sanpedrovisma.blogspot.com/

 

Ademais, a proposta de arte que vos facemos hoxe é a realización dun debuxo onde reflexe que é o que farán cando xa poidan saír. Recordándolle que xa só quedan catro días para que poidan saír un ratiño á rúa.

 

Un saúdo!

Día 3. Semana 2

 

Bo día familias!

Hoxe compartimos con vós unha actividade de movemento: A FRITADA DANZARINA. Propoñémosvos facer unha boa fritada. Animade aos nenos e nenas a que constrúan un percorrido agradable e brandiño (con mantas, coxíns...) sobre o que van ter que rodar. Converteranse en...croquetas! Primeiro rodarán para darlle forma á croqueta, despois rodarán para empaparse de ovo, máis tarde rodarán para cubrirse co pan raiado e... outra voltiña máis para fritirse ben. Así está lista a primeira croquetada!

Podedes engadir nalgún momento “botarlle sal” ou “pementa” á croqueta facéndolle cóxegas ou caricias ao nenos ou nena, ou tendo que saltar para que as especias se repartan ben polo corpo. Será moi divertido. 

Con esta proposta de actividade estimúlase o equilibrio, o control postural, o ton muscular, os movementos oculares e a orientación espacial.

 

Un saúdo.

Día 2.Semana 2.

 

Bo día familias!

 

Se estivésemos nunha situación normalizada, o xoves 23 de abril celebraríamos no colexio o Día Internacional do Libro. Aínda que isto non poida ser así, si podemos celebralo dende a casa coas dúas propostas ben divertidas do Equipo de Biblioteca:

 

  • Apadriñamento virtual:

https://sanpedrovisma.blogspot.com/2020/04/apadrinamento-virtual.html

 

  • Na busca dos tesouros perdidos pola casa: 

https://sanpedrovisma.blogspot.com/2020/04/en-busca-dos-contos-perdidos-pola-casa.html

 

Animádevos! As propostas que enviedes antes do xoves, subiránse ao blog da biblio para poder compartilo con todo o mundo. 

 

Un saúdo.

DÍA 1 SEMANA 2

 Bo día familias!

 

Comezamos esta semana ensinándovos este vídeo coas fotos que nos mandáchedes ao longo da semana pasada. Estamos moi contentas de ver que os Amorodos e os Millos resisten a esta situación tan complicada!!!

  

Presentación blog da biblio

 

Ola familias,

hoxe queremos invitarvos a que visitedes o novo blog da biblioteca do cole: 

https://sanpedrovisma.blogspot.com/

 

Dende o equipo da biblioteca levamos dende o curso pasado investigando para montar a nova biblio. A inauguración estaba prevista para este trimestre, así que mentres seguimos luitando contra o coronavirus, queremos presentarvos actividades a través deste novo blog. 

 

Como sabedes, un dos proxectos máis importantes para este curso escolar era crear entre todos e todas un catálogo de xoguetes responsables para a campaña do próximo Nadal. Tiñamos moitas actividades organizadas para este trimestre na biblio, pero queremos adaptarnos ás novas circunstancias. Así que, se vos apetece participar, mirade a entrada do blog da biblio que creamos!

 

Un saúdo!!

 

Aquiles o puntiño

 

Ola familias, 

a proposta de hoxe parte do seguinte conto ilustrado: 

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=4#PD_Olalla%20Gonzlez%20y%20Marc%20Taeger%20-%20Aquiles%20el%20puntito

 

Así que hoxe preguntámosvos.… e ti, saberías facer a Aquiles?

 

Ademais, como proposta de movemento podedes xogar coas tarxetas que creastedes na actividade de onte.

 

Un saúdo!!

RETORNO TERCEIRO TRIMESTRE.

Ola familias!!

Dámosvos a benvida a este 3º trimestre. Como sabedes, estas semanas centrarémonos nas titorías individualizadas a través das videochamadas e no grupo de telegram. Pero tamén queremos seguir colgando algunhas propostas de actividades no blog por se vos apetece facelas e mandarnos algunhas fotos que iremos publicando. 

A proposta de hoxe é: “DESPLAZARSE COMO…”, extraída de un documento de propostas que fixo unha mestra, María Fernández de Sammamed, que está compartindo o seu traballo a través do seu blog: https://conpequesnacasa.blogspot.com/. Unha vez máis, grazas a todas as mestras e mestres que comparten o seu traballo. 

A proposta consisten en animar aos nenos e nenas a que definan un percorrido ou camiño (poden sinalalo con cinta de papel, pintar no chan se é de terrazo, estender un fío de la ou simplemente acordalo sinalando cun obxecto o comezo e con outro o final). Despois deberán preparar tarxetas, cada unha cun animal (poden debuxalo ou escribir o nome) empregando anacos de papel. Unha vez feitas dobrarán os papeis e meteranos nunha caixa, prato, bolsa, e...comeza o xogo! Deberá coller e desdobrar unha tarxeta de cada vez e desprazarse polo percorrido definido inicialmente facéndoo igual que o faría o animal que lle tocou, como un can, unha serpe, un canguro...

 

FIN DE TRIMESTRE

 

Bo día familias,

 

Pois xa é venres, 3 de abril, último día de trimestre. No día de hoxe xa pasaron 3 semanas escolares de confinamento e aínda que esteamos nesta situación tan complicada e singular, o curso escolar segue activo; con isto queremos dicir que a vindeira semana será Semana Santa e polo tanto é un período de vacacións, as recomendacións para estos días son:

 

Lembrade que as vacacións...son vacacións. Sabemos que neste tempo de estar na casa se nos terán caído case todos os nosos plans. E ao ter que seguir na casa, posiblemente precisemos certa rutina. Pero os nenos e nenas precisan descontectar dos obxectivos e contidos escolares, do académico, para poder asumir o 3º trimestre. Así que creemos que é importante tratar de descansar e crear unha rutina a partir de actividades de ocio e tempo compartido cos nenos e nenas, un pouco máis do que posiblemente xa estades facendo. Tamén pode ser interesante tratar de facer algo especial por estar de vacacións. Seguro que se vos ocorren moitas formas divertidas de facer algo diferente ao de estes días.  E senón….preguntádelle a eles, xa veredes como vos sorprenden!!! Cun pouco de sorte son as únicas vacacións da nosa vida que temos que pasar na casa… non as esqueceremos nunca. 

A nosa proposta para estas vacacións é que tratades de imaxinar como traer á casa algo desas vacacións que tiñamos pensando ter ou que nos gustaría ter. Aquí van algunhas propostas, que coma sempre, pero estando de vacacións, máis que nunca, son simples ideas que podedes ter en conta ou non.

- Descansar!!! romper algo a rutina….permitirnos unha sesta ou remolonear un pouquiño máis na cama. 

- Festa familiar na casa con música e algo rico de comer (ocasión boa para saltarnos as recomendacións de dieta saudable...sempre como excepción). Tamén podemos facela temática, ou de disfraces...cun premio ao disfrace máis orixinal. Aquí a nosa experiencia deste curso cos choqueiros vainos axudar moito. A ver como conseguimos disfraces divertidos só con cousas da casa!!

- Se tiñamos pensando facer algunha viaxe cultural, podemos facer unha visita virtual a un museo, explorar diferentes mundos relacionados coas película ou libros que nos gustan, ou aprender algunha actividade nova:

Museos: ttps://www.lavanguardia.com/vida/junior-report/20200325/4892085031/museos-virtuales-arte-cultura-confinamiento.html

Harry Potter: https://www.wizardingworld.com/ 

 

-Se tiñamos planificado unhas rutas de sendeirismo ao monte, ou irnos á aldea…. por que non tratar de traer a natureza a casa?

https://www.lavanguardia.com/natural/ecogallego/20200326/4894834001/10-webcams-para-seguir-la-naturaleza-en-directo-en-dias-de-confinamiento.html?facet=amp&__twitter_impression=true

Poñede o móbil en horizontal e cando esté pasando a película movede a pantalla co dedo. Unha xoia documental! https://youtu.be/L_tqK4eqelA

Neste enlace, se pulsades en cada paxaro soa o seu canto: https://coneixelriu.museudelter.cat/es/aves.php

- Se tiñamos pensando coñecer algunha cidade…. podemos facer un paseo virtual a través de…. 

https://elviajero.elpais.com/elviajero/2020/03/19/actualidad/1584613866_742315.html

- Se a nosa idea era ir a visitar a familia que está lonxe...pois pode ser unha oportunidade para ordenar cos nenos e nenas esas fotos descargadas no ordenador e ir contándolles cousas da nosa familia ou de cando nós eramos pequenos. 

 

Ademais, recordade que tedes moitas propostas subidas no blogue nestos días, así como nos apartados dos especialistas de inglés, departamento de orientación e psicomotricidade, como este vídeo de Fabián:

https://www.youtube.com/watch?v=IxepoZHrI7c&feature=youtu.be

 

No día de hoxe, poderedes visualizar a avaliación deste segundo trimestre mediante Abalar. Recordamos que o mércores pasado mandámosvos estas indicacións mediante un correo a todas as familias. Calquera dúbida sobre o boletín poderemos comentala a través do correo electrónico.  Se algunha familia non o recibiu que nos escriba ao correo. 

 

Ademais, hoxe no correo recibiredes a información de como nos comunicaremos de xeito máis directo, de cara ao terceiro trimestre. Parécenos importante envialo agora para que teñades tempo a descargar a app e ver como é o seu funcionamento durante a Semana Santa.

 

Finalmente, como sabedes ao finalizar cada trimestre sempre vos enviábamos as fotos nun PEN. Como agora esto non é posible, indicarémosvos no correo como acceder a elas.

Semana 3. Día 4 e ANIVERSARIOS DE MARZO: OLIVIA, MÍA, IRENE, MANUEL E DARNELL!

Aviso importante: As familias que estén optando a unha das becas de Axuda en acción deben ter actualizada a súa dirección postal no colexio, xa que estas serán enviadas por correo. En caso de ter cambiado de domicilio mandade un correo a: ceip.sanpedro.visma@edu.xunta.es

 

Bo día familias,

 

Hoxe, 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil, este celébrase nesta data por coincidir co nacemento do escritor Hans Christian Andersen. En relación a isto queríamosvos recomendar a iniciativa que están levando a cabo as Bibliotecas Municipais da Coruña #AsBibliotecariasContan: 

https://bibliotecasinfantiles.com/2020/03/20/as-bibliotecarias-contan-quedanacasaele/



Por outra banda, tamén hoxe é o Día do Autismo, que ten como obxectivo concienciar á sociedade e promover a inclusión social das persoas con trastorno do espectro do autismo. Recordamos que esta concienciación é unha actividade diaria e de longo percorrido, mais nesta situación na que nos atopamos non podiamos deixar de darlle a nosa pequena homenaxe no día de hoxe.

 

Para isto, recomendamos a visualización do conto ´Por cuatro esquinitas de nada´:

 

https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ

 

E se vos apetece, como actividade de calma e xogo podedes animarvos a facer na vosa casa o anterior conto ou ben esta actividade que suxiren @saposyletras:

 

Seguimos compartindo convosco as fotos que nos mandades en casa, nesta ocasión de Manu e Ana: 





 E  rematamos….co máis importante de este mes: OS ANIVERSARIOS DE MARZO!!! PARABÉNS A OLIVIA, MÍA, IRENE, MANUEL E DARNELL. XA TEDES 5 ANOS!!





Semana 3. Día 3.

Queridas familias:

 

Xa estamos a mércores e como vos adiantamos onte queremos continuar coa homenaxe ao Día do Teatro pero esta vez presentándovos outro tipo de teatro: o Kamishibai.

 

Kamishibai significa “teatro de papel” e é unha forma de presentar contos, moi popular no Xapón. Desfrutade: https://youtu.be/YTWo_GJfWHo



Hoxe presentamos unha proposta que inclúe actividade en calma, de xogo e de movemento: Montar unha obra de teatro na casa,  recordando á súa vez os bos momentos pasados co grupo o curso pasado. 

 

A actividade consiste na dramatización do conto ‘Os tres porquiños’, para isto precisaremos ou ben facer unha careta ou poñer o disfrace do curso pasado e montar na nosa propia casa o conto. 

 

Un personaxe será o lobo e outro pode ser o porquiño (que se poderá convertir no porquiño pequeno, no mediano e no grande mediante o cambio de voz e medrando co propio corpo). As diferentes casiñas poderedes realizalas con: coxíns, caixas de cartón, unha mesa que non se derrube,... usade o maxín, o importante é a creatividade e pasalo ben. 

Aquí tedes un exemplo de caretas que podedes facer na casa: 

 

 

Nesta actividade podedes participar todos: irmáns, papá, mamá,... animádevos!

Tamén podedes facelo co voso conto preferido. 

 

E se vos apetece compartilo enviádeo ao noso correo para que se animen máis compañeiros e compañeiras.

 

Tamén queremos seguir compartindo con vos as fotos que nos ides mandando. Esta vez Sabela, dos Millos, mandounos as fotos destas obras de arte feitas a partir da actividade de debuxar as sombras e tras escoitar a lectura dos poemas, que dediciu facer os seguintes debuxos libres. Encántanos que usedes as actividades como mellor se adapten a vos!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut