Skip to Content

4 anos

Día 2. Semana 7

 

Bo día!

Hoxe de novo toca martes de grafismos de forma creativa, ou grafoarte. Esta vez presentamos a seguinte actividade:

Colocar un gomet ou debuxar un punto grande no centro do folio. Seguindo unha circunferencia ir pintando puntos negros ao redor. Con rotuladores ou lápices de cores diferentes, terán que ir facendo camiños que vaian dende o centro atra o punto negro, rodealo e voltar. 

A continuación presentamos unha foto co grafismo realizado: 


Hoxe, tamén queríamos traer unha actividade de movemento e ritmo, dentro das actividades recomendadas por Ana Eva:

https://www.youtube.com/watch?v=sSN62o1Jo94

Día 1. Semana 7

 

Bo día familias!

Coma sempre, hoxe luns queremos compartir con vós tódalas fotos que nos enviáchedes das actividades da semana pasada. Grazas pola vosa participación.

 

Día 5. Semana 6.

 

Bo día!

E hoxe é venres, polo tanto, tócanos: VENRES CIENTÍFICO co seguinte experimento: DE VASO A VASO

Materiais: Bandexas grandes, dous vasos, cordón tipo la, fixo e auga.

Proceso: O xogo consiste en pasar a auga dun vaso a outro, sen que caia, e poñendo os vasos moi lonxe o un do outro.

Pódese conseguir se somos quen de facer que a auga faga ese percorrido axudándose dun cordón de la. Deixamos que libremente tenten colocar ese cordón dun vaso a outro e finalmente probaremos se é posible. É importante ter en conta que ata que o cordón non estea ben mollado a auga non correrá sen escorrer.

Explicación: Isto ocorre pola CAPILARIDADE (propiedade pola que a superficie libre dun líquido posto en contacto cun sólido sube ou baixa nas proximidades de este. Os seus efectos son especialmente aparentes no interior dos tubos capilares ou entre dúas láminas moi próximas).

Lembrade non contar a explicación e guiar o proceso para que pensen de forma científica facendo preguntar para que vaian facendo hipóteses sobre o que vai a pasar e que poidan ir comprobando o que sucede e iniciándose así en facer deducións. 






Dia 4. Semana 6

 

Bo día!

Hoxe propoñemos SERIES MATEMÁTICAS. Queremos que cada neno ou nena constrúa a súa serie matemática con cousas da casa….imaxinación ao poder!!! Unha serie implica que teña un número de elementos que se repiten. Lembrade que as series matemáticas de 2 elementos son máis doadas que as de 3 ou 4. Deixade que sexan eles e elas os que pensen que elementos usar e logo que fagan series. Unha vez que a teñan construída, podedes sacarlle unha foto. Despois, para traballar o proceso de simbolización que é moi importante en infantil, podedes pedirlle que debuxen esa serie, que constuíron manipulativamente, nun papel. 

A continuación deixámosvos o noso exemplo: 

E despois de tanta concentración, virá ben algo de movemento!! Así que vos traemos este xogo extraído unha vez máis do blog: “Con peques na casa”: 

 

https://conpequesnacasa.blogspot.com/2020/04/actividades-para-facer-coas-crianzas-na.html

Día 3. Semana 6

Bo día, familias! 

Hoxe queremos repasar as partes dos insectos pero a través da creatividade coa actividade: CONSTRUÍMOS UN INSECTO. Para isto, debemos de repasar con eles e elas as características dos insectos, preguntándolles: que partes debe ter un animal para ser un insecto? A ver de cales se acordan. Axudámoslles a que vaian lembrando todas as características: 

  • 3 partes no copo: cabeza, tórax e abdome. 
  • 6 patas.
  • 2 antenas na cabeza.

 

Se non son capaces de explicalas, podedes pedirlle que o debuxen. Unha vez que teñen claras as partes...propomos unha actividade creativa: Usar cousas que teñamos na casa para representar as distintas partes. Aquí tedes o noso exemplo:


Se queredes reforzar a lectoescritura, poden facer uns pequenos carteis onde vaian escribindo as partes do corpo. Podedes ir dicíndolle vós o son das letras e que eles e elas vaian escribindo: C-A-B-E-Z-A. Lembrade que nos interesa máis que asocien o son da letra coa grafía que a calidade da grafía!. Se non se lembran de como era a letra, podedes facerlles vós unha copia ou dicirlle a forma (A como unha montaña) ou o nome do compañeiro ou compañeira que ten esa letra na clase. 

 

E despois de construír un insecto… uns contos de insectos

- “Mi vida de abeja”: https://www.youtube.com/watch?v=UlJqKst2NQU

 

- “El pequeño grillo silencioso”: https://youtu.be/49M6L34Zhd0

 

Día 2. Semana 6

 

Bo día!

Pois hoxe propomos outra actividade de grafismos de forma creativa, ou grafoarte como lle chamamos na escola. Para iso, presentamos a actividade: figuras xeométricas concéntricas. 

En primeiro lugar presentámoslle a seguinte obra de Kandinsky titulada “Cadrados con círculos concéntricos”. Deixamos que a observen e que falen do que ven: que cores usou o pintor? Por que a titularía así? Onde están os cadrados? Onde están os círculos? Que emoción lles transmite esta obra?

A continuación propoñémoslle facer a súa propia obra de arte, pero esta vez usando diferentes figuras xeométricas.

Primeiro, dividimos un folio colocado en horizontal en 4 cadrados, un para cada figura. Deben de procurar obxectos que teñan pola casa coas formas que queremos traballar (círculo, cadraro, triángulo e rectángulo) e que entren dentro do espazo do folio. A continuación repasan o borde de cada obxecto. E agora toca facer que se convertan en figuras concéntricas. Con diferentes cores irán tranzando a mesma figura cara dentro e cara fóra ata completar o espazo. 

Finalmente podemos pedirlles que pensen como lle chamarían eles e elas ao seu cadro!!!

 

Hoxe, tamén queríamos traer unha actividade de movemento pero en Inglés. Esta é unha proposta de Lucía, a profe de Inglés, que os bota moito de menos e esta desexando velos en vídeo, facendo algunha das súas proposta, como esta:

Body: Head, shoulders, knees, toes, eyes, ears, mouth, nose. https://www.youtube.com/watch?v=RuqvGiZi0qg

Día 1. Semana 6

 

Bo día familias!

Coma sempre, hoxe luns queremos compartir con vós tódalas fotos que nos enviáchedes das actividades da semana pasada. Grazas pola vosa participación.

 

Ademais, compartimos con vós a entrada do blog do cole en relación ao Día das Letras Galegas, celebrado onte en homenaxe a Carvalho Calero: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanpedrovisma/node/2044

 

Un saúdo.

Feliz Día da Familia!

 

Bo día, familias!

Hoxe é o 15 de maio, se estiveramos na escola estaríamos a celebrar o Día da Familia e teríamos a festa polo Día das Letras Galegas, adicado este curso a Carvalho Calero. 

 

Para celebrar o Día da Familia, dende o centro quixemos facervos, a través do Equipo da biblioteca, unha homenaxe por toda a carga que levades asumida dende que a crise do coronavirus nos obrigou a confinarnos nas casas. GRAZAS!!! :

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanpedrovisma/node/2030

 

A maiores, deixámosvos estas invitacións para xogar en familia:

 

 1.TROMPA DE ELEFANTE

Materiais: unhas medias de adulto e/ou de neno, unha pelota pequena/mandarina e varios bolos/botellas de auga,..

Actividade: Primeiro, confeccionamos a trompa do elefante metendo a pelota/mandarina dentro dunha das pernas da media. Unha vez feito colocámola na cabeza.

O xogo consiste en colocar os bolos no chan e tratar de tiralos coa trompa. 

A disfrutar derribando obstáculos! 

Extraído de: https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/juegos-para-ninos/divertidos-juegos-en-familia/

 

2. ALFOMBRAS RÁPIDAS: https://www.youtube.com/watch?v=8CGSAWwQLcM



Finalmente, polo Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización la Lingua Galega subirá nestes días o resultado da vosa participación e unha homenaxe sorpresa a Carvalho Calero. Esta é a ligazón na que o poderedes ver:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanpedrovisma/taxonomy/term/97

 

Boa fin de semana!

Día 4. Semana 5

 

Bo día, familias!

 

Como mañá, 15 de maio, é o día da familia e toda esta semana, de estar no cole, sería a festa das letras galegas, pasamos o VENRES CIENTÍFICO para o xoves. Hoxe traémosvos o seguinte experimento: CAMBIO DE LADO.

Materiais: vaso transparente, auga, pequena tarxetas de papel ou cartolina, lapis ou rotulador.

Proceso: Debuxamos nunha tarxeta unha simple frecha recta. Cara onde mira a frecha? E se a xiramos? Dereita ou esquerda? Agora probamos a xirala empregando o vaso con auga.  colocámola por detrás do vaso e apartámola del ata que a frecha mire cara o outro lado. Enchemos un vaso con auga e situaremos a tarxeta xusto detrás do vaso a uns centímetros de distancia. Que ocorre?

Explicación: Isto acontece por REFRACCIÓN (cambio de dirección dun raio de luz ou outra radiación que se produce ao paran oblicuamente dun medio a outro (auga) de distinta densidade).

 

Lembrade non contar a explicación e guiar o proceso para que pensen de forma científica, facendo preguntas, para que vaian facendo hipóteses sobre o que vai a pasar e que poidan ir comprobando o que sucede; iniciándose así en facer deducións. 

Día 3. Semana 5.

 

Bo día familias!

Como a actividade de creación do seu nome con diferentes materiais con elementos que comezaran con esa mesma letra,  que propuxemos a semana pasada, foi todo un éxito; queremos propoñervos a actividade dada a volta. Agora somos nós quen poñemos obxectos e eles deberán buscar que palabra está escondida pensando por que letra comezan eses obxectos.

 

Sabedes que palabra está agochada? Pista: É un animal pero non é unha rá.

Se a sabedes, dicide aos nenas e nenas que vaian escribindo a letra debaixo de cada obxecto e mandádenos unha foto. Podedes darlle vós o modelo de como é a letra e que o fagan á súa maneira. 

 

Apetécevos xogar un pouco máis? Pois agora invitámosvos a crear vós unha e mandar a foto no grupo de telegram por se algún compi se anima a seguir xogando!!

 

E para completar o día, aquí vai unha actividade coa que traballamos o movemento, os sentidos e a atención extraída unha vez máis do blog: “Con peques na casa”: DESACTIVAR A BOMBA!

 

https://conpequesnacasa.blogspot.com/2020/04/xogos-dos-sentidos-para-crianzas_24.html

 

Distribuir contido


by Dr. Radut