Skip to Content

4 anos

LIS MÓSTRANOS OS SEUS VOLCÁNS

Hoxe Lis trouxo a clase dous volcáns que fixo coa axuda da súa familia. Tamén trouxo un vídeo no que aparecían fotos do traballo que realizaron, pero, a verdade, é que ela  o explicou mellor que o vídeo!

 

VOLCÁN

Sabela, coa axuda da súa irmá, trouxo información sobre os volcáns e tamén un volcán feito con pasta de modelar.

 

FLOTA OU AFÚNDESE

Iago trouxo á clase varias pedras. Un dos tipos era pedra pómez, pedra volcánica, porosa e de pouca densidade. Estivemos experimentando para saber cal era máis lixeira. Vimos que a volcánica era menos pesada. Tamén xogamos a adiviñar cales flotaban e chegamos á conclusión que todas afundían menos a pedra pómez.

     

     

Algunha aportación máis do proxecto "Mamá galiña"

Moitas grazas pola vosa aportación!

IMOS Ó TEATRO!

Hoxe fomos ó Forum para ver a obra de teatro "Rosa Caramelo".

 

PROBAMOS A GRANADA!!

Como estamos traballando a letra A, levamos a clase unha granada por ter a palabra tres A. A maioría non a coñecían e algúns non se atreveron a probala. Outros dicían que sabía a "golosina de fresa". Despois fixemos unha ficha na que tiñan que colorear a granada, repasar as A e pegar boliñas de plastilina  dentro.

  

XOGAMOS COA LÓXICA

Para traballar a lóxica, utilizamos material coa temática das galiñas:

Do conto das 10 galiñas, ordenamos as secuencias: ovo, pito e galiña, por cores.

  

Pegamos tantos ovos como o número que indica a galiña.

  

 

Facemos puzzles.

 

Completamos ovos contando tantos puntos como o número indica.

SEMENTAMOS!!

Coa axuda do profe Xulio, hoxe fomos  sementar nabos á horta. Estes, logo,  darannos nabizas e grelos.

 

Recuncho do proxecto "Mamá Galiña"

Moitas gracias ás familias por todo o material que nos trouxéchedes.

Proxecto de Mamá Galiña

Seguimos traballando no proxecto de Mamá Galiña.

Qué ben o estamos pasando!

Distribuir contido


by Dr. Radut