Skip to Content

4 anos

Amosando cousas de Samaín

Hoxe Eder troúxonos unha cabaza que decorou en casa e Allan e Jesús tamén quixeron amosarnos os seus esqueletos e arañas.

PHOTOCALL

CONTACONTOS SAMAÍN

Hoxe asistimos a un contacontos do Samaín. Contáronnos o conto "Corre, corre cabaciña"  con monicreques.

SAMAÍN

Esta semana fixemos moitas actividades polo Samaín como decorar cabazas e as portas, fixemos monstruítos, sacamos fotos nun "photocall terrorífico" e rematamos cun contacontos.

                                                                 

ERUPCIÓN VOLCÁNICA

Hoxe Roi e Xulio trouxeron dous volcáns preparados para velos  erupcionar. Realizamos o experimento e quedaron abraiados!  

 

BALEIRAMOS UNHA CABAZA

Baleiramos unha cabaza  e decorámola para levala á biblioteca, onde imos ter un contacontos terrorífico. Tamén lle puxemos unha candea!

 

DANA TRAE UN VOLCÁN ENORME!!

Dana explicounos hoxe como fixo o volcán coa axuda dos seus pais. Indicou que ela pintou toda a montaña pero a lava pintoulla a súa mamá porque xa estaba moi cansa.

Qué son os volcáns?

Alma buscou información sobre os volcáns, Aythana fixo un volcán con plastilina, Irene amosounos o seu mural de un volcán e tamén xogamos a un xogo sobre as partes dun volcán que nos trouxo Kilian.

 

ARYA TRAE UN VOLCÁN

Arya trouxo un volcán que elaborou coa axuda da súa familia. Explicóunos como o fixo e díxonos que traballou moito, pois  pintouno ela todo.

 

CREANDO OS NOSOS NOMES CON PLASTILINA

Distribuir contido


by Dr. Radut