Skip to Content

4 anos

FELIZ ANIVERSARIO LOLA

Hoxe Lola cumpriu 5 anos. É a maior do grupo!!! Trouxo un biscoito de chocolate tan  rico que non quedaron nin as frangullas...

 

 

O noso medalleiro olímpico

Xa conseguimos a medalla de bronce!

Agora a seguir dando voltas olímpicas para intentar conseguir a medalla de prata.

RECOLLEMOS AS PRIMEIRAS NABIZAS!!

Mentres facíamos o camiño das Olimpiadas, aproveitamos para coller unhas poucas nabizas, que naceron dos nabos que plantáramos. Como non chegaban para todos, levounas o encargado. Outro día tocaralle a outro/a.

PARABÉNS VALENTINA!!!

Valentina cumpriu  4 anos nas vacacións de Nadal, así que, hoxe, celebramos o seu aniversario. É a máis pequena do grupo!

FELICIDADES VALENTINA!!!

 

 

Benvidos e benvidas das vacacións de Nadal!

De volta á aula das vacacións de Nadal, tíñamos unha sorpresiña.

Papá Noel ou quizáis os Reis Magos deixáronnos un regalo.

 

QUERÉMOSTE, GINTARE!!

Hoxe despedimos á nosa compañeira Gintare.

Botarémoste moito de menos.

Felices festas!!

 

FELIZ NADAL!!

A aula d@s gatiñ@s deséxavos un Feliz Nadal e próspero ano 2022.

MOITA SORTE ICÍA!!

Hoxe foi o último día de Icía no cole. Danos moita mágoa que se marche pero ten que volver á universidade para rematar os estudos. Os gatiñ@s fixémoslle un álbum cos nosos debuxos, entre outras cousas. Icía tamén tivo un detalle para cada un de nós.

 

 

Tamén fomos dar un paseo con ela polo recinto escolar e xogamos no labirinto que creou o profe Xulio.

Icía, agardamos que veñas visitarnos pronto!!!

FELIZ ANIVERSARIO FRAN!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Fran. Cumpre anos nas vacaciones de Nadal pero adiantámosllo para que poidese celebralo cos seus compis. A súa familia trouxo un biscoito enoooorme que compartimos coa aula das toupiñas. Aínda non é o máis pequeno da clase, á volta celebraremos o de Valentina, que é de finais de ano.

 

ÁRBORE DE NADAL

Os gatiñ@s  decoramos a porta da aula cunha árbore de Nadal. 

Distribuir contido


by Dr. Radut