Skip to Content

4 anos

Conto "El rey Alce"

Olalla trouxo un conto que se chamaba " El rey Alce".

 

A fábrica de Eder

Eder fixo unha fábrica cunha chimenea que ata botaba fume.

MAGOSTO 5ºA E 5º B INFANTIL

Hoxe celebramos o Magosto no cole. Veu un castañeiro e encheunos os cestos de castañas. 

Que ricas estaban!!!

 

Tamén fixemos xogos con castañas: Aros olímpicos musicais, eiruga castaña, mantea a castaña, baloncesto castaña, transporta a castaña,...

 

OLIMPIADAS SPV

Comezamos co proxecto das Olimpiadas. Unha das actividades consiste en recorrer o mundo coa antorcha olímpica dende Grecia ata o noso cole. 

Esta  semana realizaremos a primeira etapa: De Olimpia a Atenas. Cada clase terá que facer 4 voltas ao recinto escolar, nós xa levamos dúas.

Experimento: Como sae a lava do volcán?

Brais tróuxonos un volcán co que experimentamos como saía a lava.

Quedaron abraiados.

 

Maxia o ciencia?

Onte convertímonos en bruxos e bruxas e fixemos experimentos máxicos.

FELICIDADES MELISSA!!!

Temos unha nova alumna no cole. Chámase Melissa e procede de Colombia. Esta semana pasada foi o seu aniversario pero non nos enteramos, así que, celebrámolo hoxe.

 

PEDRA VOLCÁNICA

Lola trouxo á escola pedriñas de orixe volcánica para mostrarllas aos seus compañeir@s.

FELICIDADES VERA!!

Hoxe celebramos o aniversario de Vera. Cumpriu 4 anos e festexámolo cun biscoito moi rico que fixo a súa mamá.

Pasámolo moi ben!!!

 

Máis volcáns

Gintare tróuxonos un volcán que fixo con arxila e Nuno explicounos as partes do volcán que fixo en casa.

Distribuir contido


by Dr. Radut