Skip to Content

4 anos

A GALIÑA

Anna trouxo  á escola o conto "Las 10 gallinas".

Como nos gustou moito, cada un pintou con ceras brandas a súa galiña, picoulle o peteiro e algúns recortárona. Hoxe marcharon para casa contentísimos coa súa galiña!!

 

DEBULLAMOS MILLO

Ana trouxo ao cole espigas de millo  e, tamén, Valentina. Puxéronse tod@s moi content@s e empezaron a debullalo. Logo, levámoslle ás galiñas un pouco que estaba xa moído.

 

MURAL

Hoxe Luis trouxo un mural sobre as galiñas e explicoullo moi ben aos seus compañeiros!!

MAMÁ GALIÑA

Comezamos o proxecto  pintando a mamá galiña e os pitiños.

 

VISITAMOS O GALIÑEIRO

Hoxe visitamos o galiñeiro e vimos que as galiñas puxeran dous ovos!!! Ao chegar a clase, reunidos en asamblea, preguntamos canto sabíamos das galiñas: cantas patas tiñan, que comían, si voaban. Unha das cuestións que a maioría non sabía explicar era o porqué non saen pitos de todos os ovos. Témolo que investigar...

Volcán en erupción

Construimos e decoramos o noso volcán, ambientámolo con elementos naturais e dinosaurios. Gustounos moito participar no experimento! 

Tamén manipulamos e experimentamos cos materiais da mesa sensorial, atopamos moitos fósiles na area...

 

Adornos árbore de Nadal

Fixemos adornos con pasta de modelar e moldes de dinosaurios para a árbore de Nadal e logo decorámolos. Quedaron moi bonitos! 

Rematamos o mural, coa axuda de Andrea...

Paleontólogos

Xa case rematamos a decoración da porta, puxémoslle a "Nube" un gorro de Papá Noel. Seguimos co mural, traballamos a lecto-escritura e segue chegando á aula información sobre os dinosaurios... 

Hoxe fixemos de paleontólogos en busca de fósiles!

  

PROXECTO DINOSAURIOS

Ola familias!

Do ovo que trouxo Clotilde saiu ¡UN DINOSAURIO!

Os nosos equipos de mesa xa son nome de dinosaurios e temos na aula un recanto con material para investigar. Comezamos a decorar a porta da aula, a realizar un mural...

Moitas grazas pola vosa colaboración e grazas tamén a profe de prácticas Andrea pola súa implicacióne dedicación.

Aniversario de Lía

E pasiño a pasiño... topamos con outro aniversario no camiño. Hoxe temos de celebración, polo seu quinto aniversario, a... Lía! 

Distribuir contido


by Dr. Radut