Skip to Content

Día 5. Semana 6.

 

Bo día!

E hoxe é venres, polo tanto, tócanos: VENRES CIENTÍFICO co seguinte experimento: DE VASO A VASO

Materiais: Bandexas grandes, dous vasos, cordón tipo la, fixo e auga.

Proceso: O xogo consiste en pasar a auga dun vaso a outro, sen que caia, e poñendo os vasos moi lonxe o un do outro.

Pódese conseguir se somos quen de facer que a auga faga ese percorrido axudándose dun cordón de la. Deixamos que libremente tenten colocar ese cordón dun vaso a outro e finalmente probaremos se é posible. É importante ter en conta que ata que o cordón non estea ben mollado a auga non correrá sen escorrer.

Explicación: Isto ocorre pola CAPILARIDADE (propiedade pola que a superficie libre dun líquido posto en contacto cun sólido sube ou baixa nas proximidades de este. Os seus efectos son especialmente aparentes no interior dos tubos capilares ou entre dúas láminas moi próximas).

Lembrade non contar a explicación e guiar o proceso para que pensen de forma científica facendo preguntar para que vaian facendo hipóteses sobre o que vai a pasar e que poidan ir comprobando o que sucede e iniciándose así en facer deducións. 








blog | by Dr. Radut