Skip to Content

Día 3. Semana 2

 

Bo día familias!

Hoxe compartimos con vós unha actividade de movemento: A FRITADA DANZARINA. Propoñémosvos facer unha boa fritada. Animade aos nenos e nenas a que constrúan un percorrido agradable e brandiño (con mantas, coxíns...) sobre o que van ter que rodar. Converteranse en...croquetas! Primeiro rodarán para darlle forma á croqueta, despois rodarán para empaparse de ovo, máis tarde rodarán para cubrirse co pan raiado e... outra voltiña máis para fritirse ben. Así está lista a primeira croquetada!

Podedes engadir nalgún momento “botarlle sal” ou “pementa” á croqueta facéndolle cóxegas ou caricias ao nenos ou nena, ou tendo que saltar para que as especias se repartan ben polo corpo. Será moi divertido. 

Con esta proposta de actividade estimúlase o equilibrio, o control postural, o ton muscular, os movementos oculares e a orientación espacial.

 

Un saúdo.



page | by Dr. Radut