Skip to Content

RETORNO TERCEIRO TRIMESTRE.

Ola familias!!

Dámosvos a benvida a este 3º trimestre. Como sabedes, estas semanas centrarémonos nas titorías individualizadas a través das videochamadas e no grupo de telegram. Pero tamén queremos seguir colgando algunhas propostas de actividades no blog por se vos apetece facelas e mandarnos algunhas fotos que iremos publicando. 

A proposta de hoxe é: “DESPLAZARSE COMO…”, extraída de un documento de propostas que fixo unha mestra, María Fernández de Sammamed, que está compartindo o seu traballo a través do seu blog: https://conpequesnacasa.blogspot.com/. Unha vez máis, grazas a todas as mestras e mestres que comparten o seu traballo. 

A proposta consisten en animar aos nenos e nenas a que definan un percorrido ou camiño (poden sinalalo con cinta de papel, pintar no chan se é de terrazo, estender un fío de la ou simplemente acordalo sinalando cun obxecto o comezo e con outro o final). Despois deberán preparar tarxetas, cada unha cun animal (poden debuxalo ou escribir o nome) empregando anacos de papel. Unha vez feitas dobrarán os papeis e meteranos nunha caixa, prato, bolsa, e...comeza o xogo! Deberá coller e desdobrar unha tarxeta de cada vez e desprazarse polo percorrido definido inicialmente facéndoo igual que o faría o animal que lle tocou, como un can, unha serpe, un canguro...

 



blog | by Dr. Radut