Skip to Content

SEMANA 2: DÍA 2

Queridas familias;

Neste segundo día da segunda semana, queremos amosarvos unha nova proposta relacionándoa co proxecto que estabamos a traballar: 

 

1. REUNIÓN FAMILIAR OU MINIASEMBLEA.

Neste día, podemos recordar o proxecto que estamos a traballar… que igual o teñen algo esquecido:

Relacionado co proxecto do mar, deixámosvos un enlace no que poden visualizar diferentes animais mariños, algúns que xa investigamos e dos que nos trouxeron información os expertos e expertas e outros animais novos que pode ser que coñezan: 

https://www.youtube.com/watch?v=wAvGuJAAAM0  

Relacionado co proxecto das mascotas, queremos presentarvos esta entrada onde grandes artistas da música adicaron cancións ás súas mascotas. Podedes ir escoitando as diferentes cancións e ir léndolles aos nenos e nenas a historia de cada unha. Ademais...está “Laika” de Mecano que nos lembrará a cando a familia de Gabriel veu a facer o obradoiro sobre o Universo.,

https://www.efeeme.com/quince-canciones-dedicadas-a-mascotas-y-animales/

2. TEMPO DE RESPONSABILIDADES.

Seguro que algúns de vós estades aproveitando este tempo para a limpeza das fiestras, e máis con días coma o de hoxe. Lembrade que eles e elas nos poden axudar de bo grado.

 

3.  TEMPO DE TRABALLO EN CALMA.

Popoñemos diferentes actividades relacionadas con cada un dos proxectos pero sempre lembrando adaptar as ideas ao material que tedes na casa, só debemos saír por cousas necesarias e ademais é unha forma de fomentar a creatividade e solución de problemas nos nenos e nenas. Recordade que nolas podedes enviar ao correo para logo compartir.

Relacionadas co proxecto do mar: seguro que na casa tedes algunha cortiza ou algún material que flote e poden facer uns barquiños ben curiosos. Como suxestión, poden decorar a vela con un logo que os represente...

Se esta non é posible… estas son outras manualidades que lles poden apetecer: https://www.pequeocio.com/6-manualidades-infantiles-bajo-el-mar/

Relacionadas co proxecto das mascotas: propoñemos darlle uso aos rolos de papel hixiénico que ben seguro, tedes na casa. Aquí vai algunha idea, pero tamén son benvidos debuxos ou outro tipo de creacións artísticas propias ou que atopedes pola rede:

Lembrade que tamén valen animais de granxa, xa que ao montar o noso recanto da clínica veterinaira, descubrimos que os veterinarios e veterinarias tamén traballan nas granxas.

 

4.  TEMPO DE MOVEMENTO.

Como hoxe vos queríamos recordar material relacionado co proxecto, aí van propostas de cancións:

Relacionadas co proxecto do mar: https://www.youtube.com/watch?v=uTK_7MOFV4s e non podía faltar https://www.youtube.com/watch?v=XqZsoesa55w.

Relacionadas co proxecto das mascotas, presentamos o seguinte twist:https://youtu.be/gqpgZBtUt78

Podedes bailar co paso do twist dun lado para o outro e estar quietos nos tempos calmos da canción. A combinación movemento-repouso é un bo exercicio psicomotor. 

5. TEMPO DE MERENDA.

Coma sempre, recomendámosvos que sexa un tempo de compartir e con alimentos saudables. 

6. TEMPO DE CONTO.

Relacionadas co proxecto do mar: Un conto musicado que xa vimos na aula e que soe encantarlle ás crianzas de Infantil: https://www.youtube.com/watch?v=O6H1X3_mGec

Relacionadas co proxecto das mascotas: un clásico imprescindible: https://youtu.be/To0zYQUFkHQ

Aquí tedes tamén a canción: https://youtu.be/AY2K1A0Ln5k

7. TEMPO DE XOGO LIBRE.

Relacionadas co proxecto do mar: podémoslle propor xogar ás agochadas. Somos piratas na procura dos tesouros (un xoguete, algo de comer,... ou un zapato!)... onde estará agochado?  

Relacionadas co proxecto das mascotas: un xogo motor que facemos na aula e que lles encanta. Collémonos das man e abrimos a roda. Para abrir imos dicindo: “Fóra, fóra”. Para ir cara dentro, cada un de nós ten que dicir que somos e imos cerrando a roda imitando o movemento e o son. Neste caso...lembrádelles que só poden escoller animais domésticos ou de granxa!



page | by Dr. Radut