Skip to Content

AVISO IMPORTANTE DO ANPA

Estimadas familias.

Desde o ANPA queremos lembrarvos que para que o menor poida empezar o comedor no mes de setembro o ultimo día de inscrición é o 30 de agosto, o resto dos meses sería ata o día 26 de cada mes e igualmente para darse de baixa. Tamén lembrar que xa está colgado o cadro de actividades e a ligazón para poder inscribirse. No mes de setembro para poder conciliar só estaría dipoñible a actividade de Coxegas, o resto de actividades comezarán en outubro.

Lembrarvos a importancia de facervos socios do ANPA, xa que estamos a ter colaboradores que realizan descontos e non se aboa a cota de xestión do comedor, como igualmente nalgunhas actividades.

Agora tamén nos podedes seguir por Instagram.

Deixámosvos as ligazóns de interes:

Comedor: Comedor | ANPA As Pedreiras

Actividades: Actividades extraescolares | ANPA As Pedreiras

Socios: Inscrición ANPA 2024-2025 | ANPA As Pedreiras

Instagram: Anpa As Pedreiras (@anpaaspedreiras)

Un saúdo



blog | by Dr. Radut