Skip to Content

Novas

A HORTA DO RATIÑO

O alumnado de Valores de 6ºC escolleu un conto na nosa biblioteca para facer unha adaptación teatral. Fixo o vestiario, decoración, maquillaxe e procuraron a música. Colaborou o alumnado de Relixión nos ensaios, na elaboración das entradas para as crianzas de Infantil e foron @s encargad@s de recoller as entradas e acomodar @s nos@s peques de 3, 4 e 5 anos. A obra estaba relacionada coa Escola Verde e empregaron material de refugallo para faceren a decoración e o vestiario.

Foi todo un éxito! Grazas, artistas!

  

 

 

 

CERTAME "AS IMAXES DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS" - "Ponte nas Ondas"

 PROGRAMA DE RADIO

 

 

VÍDEO RESUMO DE TODO O TRABALLO

 

PRESENTACIÓN DO TRABALLO REALIZADO COA FAMILIAS

(Pode ser que por incompatibilidades co navegador, dispositivo móbil,... As presentacións non se vexa de forma optima ou non poidades escoitar a música que acompaña á mesma. De ser así, recomendamos mellor o visionado da montaxe de vídeo))

 

TRABALLO DE CENTRO VINCULADO AO PROXECTO ANTONIO FRAGUAS

“Anaquiños de onte vistos cos ollos de hoxe”

SOMOS FINALISTAS!!

Dende a organización do Certame Internacional de Podcast Xosé Mosquera Pérez "O Vello dos Contos" e trala deliberación do xurado e valoración dos máis de 70 traballos recibidos de coles de todo Galicia, temos o pracer de comunicarvos que somos finalistas co traballo que presentamos; “Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial” (Letras Galegas 2023).
Comparto o enlace á info do traballo e ao programa de radio para que poidades escoitar o podcast e coñecer máis cusiñas da nosa proposta.Temos que sentirnos orgullosos, pois trátase dun recoñecemento moi importante a nivel educativo.
Máis sobre este traballo de radio:
Programa de radio presentado a concurso:
O VELLO DOS CONTOS A organización convidóunos á gala de entrega de premios que vai ter lugar o vindeiro martes, 6 de xuño de 2023, ás 11:30 no IES Rosalía de Castro de Santiago, na nosa condición de finalistas. Alí estaremos para ver se hai sorte e finalmente, somos quen de acadar un novo recoñecemento para tod@s @s ramalloseir@s.
E non subimos ao podium por un peldaño!! 4º posto, pero máis que felices e orgullosos de estarmos no bombo entre os finalistas e acadar este recoñecemento. Deixámosvos unhas imaxes do noso trofeo. Unha escultura Orixinal obra do alumnado da Escola Mestre Mateo de Santiago. Encántanos!!
Grazas a tod@s!! EASD Mestre Mateo, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Casa de Rosalía de Castro, a Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e a Arraianos Produccións. Seguiremos a sementar radio poñendo en valor a nosa lingua e cultura a través deste medio.
Xosé Mosquera 1 Xosé Mosquera2

2ª Edic. CÓNTAME UN CONTO (APOI)

Esta semana asistimos á gala final do Proxecto CÓNTAME UN CONTO. Promovido polo APOI (Museo do Pobo Galego e Fundación Antonio Fraguas) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Asistíu todo o alumnado participante no proxecto (3º e 4º de Ed. primaria) e tamén unha representación do alumnado de 5º e 6º que achegaron tamén algunhas actuacións musicais ao acto. Foi toda unha festa e unha experiencia educativa do máis enriquecedora.

Todas as montaxes dsos contos recollidos e contados polos nenos/as estarán no apartado da web do centro adicado a este proxecto. Non deixedes de velos e darlles os vosos like´s.

Aquí vos deixamos unha pequena montaxe resumo de todo o acto!!

  

Cóntame un conto 2ª Edic(1)

Cóntame un conto (2)

Podedes ver e descargar todas as fotos e vídeos das actuacións no seguinte enlace

 

 

 

ENTRA NA WEB DO APOI (Museo do Pobo Galego), para ver todo o traballo deste fermoso proxecto.

TEATRO DE TÍTERES

Este venres 23 de maio, o alumnado de infantil e 1º de primaria, repartidos en dúas quendas, tivo a sorte de gozar dunha sesión de contacontos/títeres, que levaba por titulo "SORPRESA", a cargo de Sara Laya, da compañía "a Xanela do Maxín", e como agasallo do Consorcio Editorial polo gasto realizado en libros mercados para a biblioteca do centro. 

Foi unha actuación ben fermosa que engaiolou ás crianzas coa súa posta en escea e co seu xeito de contar e transmitir unha moi importante mensaxe: " a necesidade de coidar o noso planeta", mediante a reciclaxe do lixo, a reutilización dos materiais, o respecto e coidado do noso entorno.

Grazasss enormes á Xanela do Maxín e á editorial Consorcio, por seguir transmitindo teatro, cultura, historias,... que enriquecen o maxín das nosas crianzas.

  

 

ESPECIAL "CÓNTAME UN CONTO"

 

Programa especial adicado a "Cóntame un conto", proxecto educativo impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas que promove a actividade de contar contos de tradición oral galegos entre os escolares. O proxecto busca aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.

- Alumnado participante no programa de radio: 4º de Ed. Primaria (grupo c)

- Profesorado: María Álvarez Garea, Benxa Salgado Otero e Óscar Suárez Carbia

CONTACONTOS DE ABANCA

O mércores 10 de Maio, estiveron no noso centro unha asociación de xóvenes discapacitados para compartir coas crianzas de 1º primaria, un conto titulado "los cuentos de memi", dentro das actividades culturais e educativas que ofrece  Abanca.

E outro grupo de alumn@s de 4º puideron gozar de varios xogos lúdicos. 

Foi  un encontro lúdico pero tamén inclusivo e gratificante para ambas partes: o alumnado do centro gozou coa actividade posta en escea por persoas con diferentes capacidades e os participantes demostraron que con gañas non hai obstáculos ou fanse pequenos.

      cilcar AQUÍ para visualizar máis fotos

                                       

 

ENTREVISTA Á ESCRITORA SABELA NÚÑEZ SINGALA

Distribuir contido


by Dr. Radut