21 días co galego e + é un programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, dentro e fóra dos centros de ensino, no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.
Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa nosa, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida.
Na actualidade participa alumnado de Ed. Infantil e Primaria, ESO, bacharelato e FP, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, que se compromete co seu profesorado a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 días que dura o programa dentro e fóra do centro de ensino.
Xorde co ánimo de compartir a ilusión por conservar, recuperar e crear falantes que vivan o galego como unha lingua a medrar chea de posibilidades. A súa singularidade reside na vontade de implicar os rapazas e rapaces durante un tempo determinado en todas as facetas da súa vida, na procura de que o galego sexa lingua normal de uso en todos os ámbitos, e en levar a aula á rúa e a rúa á aula, fuxindo do estudo máis académico da lingua.
Este programa ten a súa orixe en 21 días co galego, unha experiencia didáctica que botou a andar no IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013, da man da profesora Pilar Ponte; desde entón, desenvolvéronse catro edicións máis dese proxecto no mesmo centro.
En 2015 recibiu un premio de innovación en dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e no ano 2018 recibiu o primeiro acto de recoñecemento a unha actividade educativa por parte da Real Academia Galega. No ano 2019 recibiu o X Premio da Lingua Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e o Premio da Cultura Galega de Lingua.
Ano a ano medra tanto no número de centros como no de participantes na procura de manter e espallar o galego entre a infancia e a mocidade galegas.
"AULAS MUSICAIS"
Esta actividade que ideamos para o programa, vinculada tamén ao proxecto de centro e de Bibliotecas deste curso escolar (A Música), foi unha das propostas estrela desta edición.
A través da mesma desenvolvemos diversas actividades relacionadas coa nosa música e o noso patrimonio cultural como pobo. E para crear referentes nos discentes, potenciar esta mensaxe, e achegar esta cultura o máis posible aos discentes, apadriñamos todods os espazos e aulas do centro co nome de grupos e artistas galegos, que ademáis de enviarnos os seus vídeos de agradecemento e felicitacións ao alumnado pola actividade, tamén nos foron visitando durante os 21 días e ao longo de todo o curso escolar.
"DITOS RETRANQUEIROS DOS NOSOS MAIORES"
Con esta actividade, durante os 21 días, o alumnado foi recollendo os ditos máis retranqueiros dos seus maiores, para despois facer unha posta en común nas aulas e recopilalos facendo como actividade final unha humilde edición impresa deste traballo.
Un grupo de alunmado de 3º de EP, estivo a traballar no 3º trimestre na materia de valores sobre a temática que tanto nos preocupa, como é a problemática que sufre o noso planeta, a cantidade de lixo que se xera e que acaba nos ríos e mares, no estómago de moitos animais, nas carballeiras,... os recursos tamén se están esgotando por iso é moi importante a reciclaxe, dando un 2º uso a moitas cousas antes de ser debotadas.
Tomaron como referencia o libro da editorial Bahía, "salvamos o planeta!", e logo recolleron as súas conclusións en murais grupais
O alumnado de 6ºC andiveron traballando sobre o horto escolar dentro da materia de Proxecto Competencial. Ademais de axudar en traballos de plantación e coidado dos cultivos, tamén aproveitaron a deseñar o horto no ordenador co programa Tinkercad; a estructura, as plantas e incluso algunha mascota- animal
Tamén imprimiron o invernadoiro en 3D usando a impresora, un xeito constructivo de integrar obxectivos dixitais no currículo, de usar material de Polos creativos ao servizo do desenvolvemento de tarefas de aula, como foi neste caso o traballo sobre o horto, o invernadorio
- Realizaron, como xa comentamos nunha entrada anterior, unha pequena plantación de plantas aromáticas e flores coa que puideron facer o seguimento do seu crecemento e dos seus coidados. Así de fermosas locen as macetas coas súas plantas
TRAS SABER DO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA, AS CRIANZAS DE INFANTIL DE 4 ANOS - B COA AXUDA DA MESTRA, PENSAMOS EN PARTICIPAR, PORQUE XA ANDIVERAMOS LENDO E COÑECENDO SOBRE ESTE TIPO DE TEXTO LITERARIO.
COMO ANDAMOS A TRABALLAR SOBRE O HORTO, DECIDIRON QUE FOSE SOBRE VERDURAS. COMEZOU A CHUVIA DE IDEAS PARA A HISTORIA:
- DECIDIRON QUE SERÍA SOBRE UNHA VODA ENTRE VERDURAS E ENTRE CALES,
- CADAQUÉN FOI ELIXINDO UNHA PERSONAXE,
- A MESTRA BUSCOU IMAXES DE VERDURAS- PERSONAXE
- LOGO PENSOUSE QUE QUERÍAN DICIR CADA VERDURA E REXISTROU CADA UN
- PERSONIFICARON AS PERSONAXES
- A MESTRA FIXO A MONTAXE
ESTE É O RESULTADO DA NOSA PEQUENA HISTORIA EN BANDA DESEÑADA:
En 5º de Primaria traballamos distintas tipoloxías textuais ao longo do curso. Explicamos a estrutura dese texto, creamos entre tod@s, de xeito individual, en parellas ou en pequenos grupos. Despois, tiveron unha finalidade, por exemplo, na carta tiveron que escribir unha do futuro (como se tivesen 20 anos) a un compañeiro ou compañeira. No texto dramático fixemos unha representación (con vestimenta e decoración) na aula e as mellores foron representadas entre nivel no salón de actos.
Nas linguas é fundamental que as crianzas escriban para poder mellorar en comprensión, ortografía e desenvolver a súa creatividade.
Este curso académico, suxerían dende Bibliotecas Escolares traballar sobre o texto de banda deseñada, e dende o noso centro pensouse darlle visibilidade propoñendo un concurso entre as crianzas.
A proposta desta actividade sería aló pola semana do libro, despois para as Letras Galegas, e sen embargo, foise retrasando porque estaba entre as propostas de actuación, levar a cabo un obradoiro formativo sobre este texto cunha persoa profesional e non foi posible ata finais de maio.
Finalmente, dito concurso será proposto como actividade de peche dende a comisión de biblioteca. Anímase a participar a todas as crianzas, tanto de xeito indiviudal como grupal. Farase unha exposición con todos os traballos realizados e entregaranse premios.
Outro ano máis chega unha data importante en Galicia, polo que representa para a nosa cultura, para o noso idioma, como é as Letras Galegas, que este ano se lle adican a Mª Luisa Villalta.
Dende o noso centro sumámonos ao agradecemento a esta muller que dende tantos eidos (mestra, escritora, violinista,..) loitou por apoiar, difundir, valorar e dignificar a lingua galega.
A nivel de aulas, traballaron arredor da súa persoa con propostas diferentes, por exemplo, un grupo de crianzas de infantil, elixiron fermosas palabras en galego que lles gustaban e as verbalizaron e crearon un video, como símbolo de poñer en valor a nosa lingua, así como fixo a homenaxeada.
A nivel de colexio, como cada ano adicamos unha xornada especial. Mudamos a Romaría no Xirimbao por unha Romería no propio centro, e a pesares do mal tempo, houbo propostas lúdicas: xogos populares, interpretación e representación de cancións galegas por diferentes grupos de crianzas e xantar compartido por todo o alumnado e docentes; fomentando a convivencia
- E todas as crianzas levron de presente da homenaxeada un marcapaxinas
Grazas á o Consorcio editorial, e por mercar moitos libros para a nosa biblio de centro, tivemos como agasallo unha proposta musical con Luis Vallecillo, "Buscando a Rosalía". Compartiu 2 sesións coas crianzas de infantil para cantar adaptacións de poemas de Rosalía de Castro, a medida que contaba como descubrira á nosa escritora galega e lle entraron gañas de mudarse dende Madrid para coñecer Galiza e cousiñas daquela poeta. As crianzas pasaron un ratiño ben agradable
ENMARCADO NAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO EQUIPO DINAMIZADOR DA BIBLIOTECA, ESTE ÚLTIMO LUNS DE ABRIL, O ALUMNADO DE 4º TIVO UN ENCONTRO COA ILUSTRADORA, ESCRITORA E ARTISTA VISUAL XULIA PISÓN, AUTORA DE CÓMICS COMO "MICROALGAS", "MCCACTUS", "LEGADO", ETC. XULIA PISÓN, DESPOIS DE DEIXAR A PROFESIÓN DE ENFERMERÍA, CURSOU ESTUDIOS SUPERIORES DE ILUSTRACIÓN E VEUNOS A CONTAR MOITAS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DE CÓMICS. TAMÉN NOS FALOU DO SEU PROXECTO RELACIONADO COA INVESTIGACIÓN DAS MICROALGAS E DOS SEUS BENEFICIOS PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E O MEDIO AMBIENTE.
EXPLICOUNOS OS PASOS A DAR PARA FACER UN CÓMIC: GUION, MINIATURAS DAS PÁXINAS, BOCETO A LAPIS, DEBUXO FINAL, DISTINTAS TÉCNICAS PARA O DESEÑO DE PERSONAXES, UTILIZACIÓN DE FORMAS E CORES, VIÑETAS, LIÑAS DE MOVEMENTO, ONAMATOPEAS...
COAS PAUTAS DADAS POR XULIA, PUXEMOS EN PRÁCTICA TODAS AS TÉCNICAS. XULIA SUPERVISOU TODOS OS NOSOS TRABALLOS E DEUNOS MOITOS CONSELLOS PARA QUE SIGAMOS ELABORANDO CÓMICS. FOI MOI DIVERTIDO!
Como cada curso, o 23 de abril "día do Libro", é unha data, que consideramos moi importante conmemorar coas crianzas.
Unha actividade que sempre repetimos porque consideramos educativa e ademais lles gusta moito é o "apadriñamento lector"; alumnado de 5ºEP apadriñaron a crianzas de infantil e os de 6ºEP a crianzas dende 1º a 4º de educación primaria compartindo a lectura dun conto, fomentando as interacións internivel, así como a competencia lectora.
Daba gusto ver a todo o alumnado repartido polo patio compartindo momentos de lectura e conversa, así como ver aos maiores coidando das crianzas pequenas a quenes apadriñaban; fomentando a responsabilidade, o compañerismo, o respecto,...
Tamén se deseñaron marcapáxinas nas aulas, que podían ser para sí mesmo ou intercambialo como agasallo entre o grupo. Ex:
- NUNHA AULA DE 4 ANOS, AS CRIANZAS INFANTÍS ELIXIRON UN LIBRO E COA PORTADA CREARON PEQUENAS CONVERSAS EN FORMA DE BOCADILLOS, DADO QUE ANDAN A TRABALLAR SOBRE A BANDA DESEÑADA
TAMÉN EXPRESARON POR QUE ERAN IMPORTANTES OS LIBROS PARA ELES