Skip to Content

PRIMAVERA E POESÍA

Hoxe fixemos na nosa clase unha celebración dobre. Por unha banda, chegou a primavera, comezou esta madrugada e apareceu un fantástico día soleado. Por outro lado, hoxe, 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Poesía.

 Así que, despois do recreo, fomos á biblioteca a buscar un libro de poesía; e a continuación saímos ao patio para disfrutar ao aire libre das poesías, saudando desta maneira á primavera. Cada quen seleccionou no seu libro un poemiña e, despois de traballalo en voz baixa, lémosllo aos compañeir@s. Foi unha agradable experiencia poder compartir así a poesía.

Cada ano celebramos no mes de marzo a "tempada da poesía" e a biblioteca soe facernos algunha suxestión para traballar en torno a este xénero. Este ano a proposta é traballar a poesía humorística para vinculala cos "atranques" do antroido e o humor da banda deseñada (que imos traballar en breve). Con este fermoso poema de Antonio García Teijeiro saudamos á primavera.

 

Ábrese un gromo

nace unha flor

a primavera

ole a calor.

Tódalas plantas

falan

de amor.

Primaveiriña,

que ledo

  estou!!


Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut